Atendidas as propostas de mellora recollidas en ediciones anteriores, este ano, a nosa intención é darlle voz ás familias e facilitar o diálogo entre os participantes. Anabel Mosquera conducirá durante tres xornadas un tempo de conversa no que poder compartir inquedanzas, dúbidas e experiecias en torno a gran tarefa que temos como pais de escoitar aos nosos fillos e fillas e facermos escoitar. Introdúcese tamén outra novidade que consideramos moi enriquecedora para a comunicación familiar, incluir á rapazada como parte fundamental destas xornadas. programando actividades paralelas, pero en torno ás mesmas temáticas, para todos os membros da unidade familiar. As sesións estarán a cargo de: Anabel Mosquera, pedagoga, formadora e experta en adiccións Nais, pais, titores e adultos a cargo de menores
Xaime Bello (Proxecto Turbina) Adolescentes a partir de 13 anos
Alba Pérez (Educadora Social) Rapaces e rapazas de 8 a 12 anos
Para os máis pequenos(de 3 a 7 anos) haberá servizo de canguraxe que podedes reservar no seguinte enlace: https://espazofamilias.org/reserva/ As demáis actividades non precisan de reserva. Datas: 22 marzo, 12 e 26 abril Hora: 18.00h Lugar: Centro Social de Boiro
Animámosvos a participar!!!
|
|||
O prazo de admisión de novo alumnado permanecerá aberto do 1 ao 21 de marzo. Pode consultar a documentación a presentar nos adxuntos e no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
|
|||
O venres, 17 de febreiro, terá lugar o desfile de Entroido ao que estades todos e todas convidados. Saíremos do centro ás 11:00 horas xunto cos compañeiros e compañeiras do CEIP Santa Baia. Podedes ver o percorrido do desfile na seguinte imaxe. O alumnado de Educación Infantil realizará un percorrido máis curto, voltando ao centro ao chegar ao cruce da Avenida de Compostela que dá acceso ao noso centro.
|
|||
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS28 DE FEBREIRO ÁS 17:007 DE MARZO ÁS 17:00Cita Previa 881866545 ceip.praia.xardin@edu.xunta.es
Ceip Praia Xardín de maria
|
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »