COLABORADORES/AS DE COMEDOR CURSO 2024/2025

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección. Xunto coa solicitude, deberán entregar copia de DNI e acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por calquera delito contra a liberdade e a indemnidade sexuais, asi como por calquera delito de trata de seres humanos.

 

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.

Durante o curso escolar 2024-2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

SOLICITUDES DE TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2024/2025

Dende o mércores 26 de xuño e ata o venres 19 de xullo, ámbolos dous inclusive, permanecerá aberto o prazo para solicitar praza nos servizos complementarios de transporte e de comedor.

O luns, 22 de xullo publicarase a listaxe provisional de admitidos en cada un dos servizos. Na listaxe, por mor da lei de protección de datos, en lugar do nome do beneficiario aparecerá un código que lle será asignado no momento da presentación da solicitude.

Dende o día da publicación provisional estableceranse 7 días hábiles para posibles reclamacións.

O venres 2 de agosto farase pública a listaxe definitiva na que figurarán os códigos correspondentes ás solicitudes aceptadas.

A solicitude poderase entregar de xeito presencial no centro (de 9:30 a 13:30) ou vía correo electrónico (ceip.praia.xardin@edu.xunta.gal).

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/2025

Premendo na imaxe pode consultar o listado de libros de texto para o curso escolar 2024/2025.

 

PENSA EN VERDE

O programa de innovación educativa Polos Creativos proposto dende a Consellería de Educación, pretende impulsar o emprego de diferentes ferramentas STEAM e a creación de novos espazos educativos nos centros.
 
No presente curso, iniciamos esta andaina, realizando un video documental todo o centro, xa non só para dar a coñecer o traballo realizado, se non para achegarnos as diferentes ferramentas educativas, á vez que, traballamos aspectos curriculares e intentamos concienciar e sensibilizar á comunidade educativa no referente á educación ambiental.
 
Baixo o lema: "PENSA EN VERDE", mostramos o resultado.
Esperamos que vos guste!!
 
 
Grazas ao alumnado, profesorado e familias!
 
 

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

O prazo para presentar solicitudes comezará o 21 de maio e rematará o 21 de xuño (este incluído).

Orde do 7 de maio de 2024.

 

O alumnado matriculado no centro poderá solicitar:

- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: 3º e 4º de Priamaria. O alumnado de 5º e 6º só solicitarán as axudas para adquirir material, xa que o próximo curso participarán no proxecto E-Dixgal.

- AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de primaria.

- AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: todo o alumnado de educación Primaria (de 1º a 6º)

 

As solicitudes poderán presentarse no centro ou a través da sede electrónica.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

- Anexo I e II.

- Copia do libro de familia onde fdiguren todos os membros computables.

- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

- Certificado acreditativo do grao de discapacidade se este é recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

- Acreditación de víctima de violencia de xénero, de ser o caso.

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES E ENTREGA DE VALES:

- Listaxes provisionais: 27 de xuño.

- Reclamación ás listaxes provisdionais: 28 de xuño e 1 de xullo.

- Listaxes definitivas: 2 de xullo.

- Entrega de vales: entre o 4 e o 17 de xullo ou a partires de setembro.

 

 

 

Distribuir contido