CONVOCATORIA DE PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO MATRICULADO E ADMITIDO EN EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O CURSO 2018-2019.

CONVOCATORIA DE PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO MATRICULADO E ADMITIDO EN EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O CURSO 2018-2019.

 

 

Prazo: do 22 de maio ao 22 de xuño incluído.

 

Máis información en: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25009.

 

Impreso de solicitude (Anexo I e II) na páxina web indicada e na Secretaría do Centro.

 

Documentación:

·        

Copia completa do libro de familia ( De non dispoñer de libro de familia documentación que reflicta a unidade familiar a 31 de decembro de 2016)

 

 

Para alumnado de 1º e 2º de E.P. : Renda per capita igual ou inferior a 5.400€ :  Vale de 170€.

                                                                     Renda per capita superior a 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€: Vale de 90€

                                                                                    Axuda para adquirir material escolar: Renda per capita igual ou inferior a 5.400€: Vale de 50€

 

               

                Para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.: Renda per capita igual ou inferior a 5.400€: 6 libros de texto.

                                                                                                Renda per capita superior a 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€: 4 libros de texto.

                                                                               

 

Para máis información consultar a no D.O.G. nº 95 de 21 de maio a Orde de 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

PRAZO PARA SOLICITAR O USO DO TRANSPORTE ESCOLAR

PRAZO PARA SOLICITAR O USO DO TRANSPORTE ESCOLAR PARA ALUMNADO XA MATRICULADO NO CENTR

  • O prazo será do 3 ao 30 de Abril
  • Lugar de solicitude: Secretaría do centro     
  • Horario : De 9:30 a 12:30 hs.

ADMISIÓN ALUMNADO - BAREMACIÓN

Nos niveis de 1º e 3º de Educación Primaria presentáronse máis solicitudes que prazas ofertadas, polo que hai que BAREMAR as solicitudes presentadas.

Os solicitantes teñen que presentar a documentación acreditativa dos criterios alegados para baremación.

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita  da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, nai/pai, titor ou irmás/irmáns recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada NON autorizou expresamente na solicitude a consulta automática a través de admisionalumnado.

Todos/as solicitantes teñen que presentar:

Certificado de empadroamento con un mínimo de antigüidade no domicilio da unidade familiar.

Certificado do lugar de traballo emitido pola empresa no caso de que se alegara dito criterio.

Certificado de minusvalía ou incapacidade que non sexa recoñecido pola Xunta de galicia.

O prazo para a presentación é dende o día 23 de marzo ata o 5 de abril, ámbolos dous inclusive.

Remate da campaña postais solidarias

31/01/2018 20:48
Atlantic/Bermuda

Case 2100 postais solidarias de nadal feitas polos nenos e nenas e repartidas nos establecementos do CCA de Arteixo. Nun breve acto no centro fíxose entrega dos vales por valor de 315€ para alimentos frescos a Cáritas e de 160€ para material escolar aos nenos e nenas de 2ºD do noso colexio.

VÍDEOS E FOTOS DA DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º (curso 15-16)

Nas seguintes ligazóns quedan a vosa disposición as fotos e os vídeos da despedida do alumnado de 6º celebrada no Centro Cívico nos derradeiros días de xuño.

VÍDEOS

FOTOS

Hora do código

Durante os días 9, 10 e 11 de decembro celebraremos no centro a Hora do código. participarán máis de 300 nenos e nenas do noso colexio. Estes nenos e estas nenas serán parte dos máis de 100 millóns que participaran na hora do código en máis de 180 paises de todo o mundo

hora_do_codigo

Máis información aquí

Distribuir contido