ADMISIÓN ALUMNADO - BAREMACIÓN

Nos niveis de 1º e 3º de Educación Primaria presentáronse máis solicitudes que prazas ofertadas, polo que hai que BAREMAR as solicitudes presentadas.

Os solicitantes teñen que presentar a documentación acreditativa dos criterios alegados para baremación.

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita  da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, nai/pai, titor ou irmás/irmáns recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada NON autorizou expresamente na solicitude a consulta automática a través de admisionalumnado.

Todos/as solicitantes teñen que presentar:

Certificado de empadroamento con un mínimo de antigüidade no domicilio da unidade familiar.

Certificado do lugar de traballo emitido pola empresa no caso de que se alegara dito criterio.

Certificado de minusvalía ou incapacidade que non sexa recoñecido pola Xunta de galicia.

O prazo para a presentación é dende o día 23 de marzo ata o 5 de abril, ámbolos dous inclusive.