Benvidxs
Benvidxs ao CEIP Plurilíngüe da Pobra do Brollón.
De momento estamos a traballar nesta páxina para facela máis sinxela e intuitiva.
Con todo, iremos "colgando" cousas despaciño, con moita calma.
Grazas pola vosa comprensión.
Un saúdo de todo o equipo do centro.
Dinámica con Paula Santos.
O día 4 de novembro tivemos a visita de Paula Santos, que veu traballar co alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º para axudarnos a coñecernos un pouco mellor a nós mesmos.
Non é aprimeira vez que ven Paula e, como sempre, aprendemos moito con ela.
Día da Biblioteca con Antía Yáñez.
O día 24 de outubro recibimos no centro á escritora Antía Yáñez por cortesía do Concello da Pobra do Brollón que, como sempre, apórtanos actividades interesantes por estas datas.
A verdade é que Antía é unha grandísima comunicadora e fixo que todo o alumnado do colexio pasara unha hora marabillosa na biblioteca con ela. Fixemos un xogo moi divertido no que aprendemos a traballar en equipo.
Visitamos a empresa Caurelor.
O martes día 22 de outubro, en pleno outono, visitamos Caurelor, unha empresa que se adica á fabricación de mermeladas a base de produtos do Courel.
Saímos pola mañá do colexio cara a Santa Eufemia para ver o souto no que se producen as castañas das que despois se fai unha das mermeladas.
No camiño, paramos no miradoiro de Campodola-Leixazós para ver o impresionante dobramento xeolóxico que se producíu no carborífero inferior, hai máis de 300 millóns de anos.
En Santa Eufemia visitamos o souto de Daniel, a persoa que nos acompañou e nos guiou perante todo o percorrido. Alí recibimos un agasallo marabilloso: unha castaña para plantar na casa e así ter un castiñeiro do Courel.
Baixamos a Quiroga onde está o obrador de Caurelor. Nel pudemos ver algunha máquina coma o autoclave e unha envasador ao valeiro que se utilizan no proceso de elaboración e envasado das mermeladas.
Finalmente tivemos a oportunidade de probar os deliciosos produtos de Caurelor e fomos agasallados cun frasco de mermelada e un libro dos Bolechas cada un.
Foi unha interesante xornada.
Xincana acuática.
Xincana Acuática.
O día 21 de xuño, para celebrear que era o derradeiro día deste curso, tivemos unha xincana acuática no patio do colexio. Pasámolo moi ben e disfrutamos moito da frescura da auga nun día caluroso como o que tivemos.
O conto de Marcos
O luns 10 de xuño tivemos o pracer de disfrutar dunha sesión de contacontos na biblioteca do centro.
Marcos, o pai de Nuno e Mael, permitiunos viaxar ata África a través do conto "Wangari y los árboles de la paz", unha historia preciosa baseada en feitos reais.
E no só iso... tamén nos falou un pouquiño da vida de Wangari, a protagonista do conto; ensinounos un vídeo con baile e música típica de África e prestounos o conto por uns días.
Foi unha sesión moi proveitosa, Marcos atrapounos a todos coa historia e coas súas dotes de contacontos.
Moitísimas grazas pola túa colaboración, foi todo un pracer!
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »