Festival de Nadal
O 21 de decembro celebramos o clásico festival de Nadal.
Tivemos baile, cancións, teatro... tamén tivemos a moita xente que veu copartir con nós esta data. Grazas!!!
Despois tivemos a visita do Apalpador e todxs xs nenxs do colexio foron tras del pola Pobra adiante.
Celebramos o Magosto.
O pasado venres día 10 de novembro celebramos o magosto.
Ao longo da semana traballamos a secuencia didáctica "O magosto" na que aprendemos o que significa esta celebración tradicional, de onde ven... e tamén fixemos, a pesares do mal tempo, xogos tradicionais no polideportivo e un obradoiro de contrución de bonecos con castañas.
Finalmente, asamos as castañas na cociña e comémolas...
No curso de familias tedes a secuencia didáctica sobre o magosto e máis imaxes dese día.
O Samaín.
O día 31 de outubro celebramos o Samaín coas seguintes actividades:
- "Decoramos" un pouco o colexio.
- Fixemos unha exposición de vasoiras feitas polo alumnado.
- Traballamos unha secuencia didáctica sobre o Samaín, as súas orixes, algunhas curiosidades...
- Fomos a unha sesión de contacontos, promovida pola ANPA (moitas grazas), ao Centro de Día. Alí, Atenea García (grandísima contadora) contounos uns contos.
- Na biblioteca "Olga Novo" do noso colexio, os maiores (co respaldo da pantalla) contaron contos de medo.
- Rematamos coa degustación dun menú terrorífico.
Tedes máis fotos no curso de pais.
Día da biblioteca con Yolanda Castaño.
O día 19 de outobro tivemos no centro a Yolanda Castaño.
Contounos contos en verso. Foi marabilloso.
Grazas ao Concello da Pobra do Brollón e á biblioteca municipal por traérnola.
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023-24
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25
Se desexas descargar os impresos de solicitude de admisión para o curso 2023-24 pulsa
Deberás cubrilos e acompañalos da seguinte documentación:
Copias de:
- Documento acreditativo dos proxenitores (DNI ou NIE ou Pasaporte)
- Libro de familia
- Certifcado convivencia ou empadroamentto.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4