Charla sobre compostaxe.
O 22 de abril, e por cortesía do Concello da Pobra do Brollón, tivemos a visita no centro de Andrés, que veu para falarnos sobre compostaxe. Estivemos con él aprendendo e vendo como se vai formando o compost co que despois podemos aboar os cultivos.
Ademáis, recibimos un xogo no que hai un código qr que nos permite solicitar, dun xeito totalmente gratuíto, un composteiro doméstico.
Degustación Kiwis ecolóxicos e visita ao centro de "Come Local"
O día 17 de abril tivemos con nós a Leonor Lorenzo, presidenta de Slow Food Compostela, persoa responsable de "Come Local", proxecto da Consellería de Medio Rural no que estamos traballando. Con ela Veu Ana María García para falarnos da trazabilidade dos alimentos e das certificacións dos mesmos, e Alberto, un fotógrafo que deixou constancia co seu traballo da visita.
Ese mesmo día degustamos kiwis de orixe ecolóxica. Un luxo!!
Saída á Casa do Patrón, en Lalín.
O día 22 de marzo fixemos unha saída para ver a Casa do Patrón, en Lalín.
A Casa do Patrón é un conxunto de casas que tamén son museos. Fixemos unha visita aos museos nos que pudemos ver diferentes apeiros de traballo tanto de carpinteiros, como de zoqueiros, afiadores... Temén visitamos unha casa na que se mantén a decoración orixinal con mobles antigos (por exemplo: un escano; camas con colchóns de lá, de folla de millo; berces antigas...) e unha cantina das de antes na que se vendía de todo e na que atopamos básculas da época, romanas, dispensadores de aceite a granel...
Rematamos as actividades facendo un obradoiro de barro no que cada quen fixo a súa taciña.
8 de marzo.
O día 8 de marzo celebramos o día internacional da muller en colaboración co Concello.
Cada nenx fixo un debuxo nun círculo que servíu de base para facer unha chapa que levou como recordo deste día. Tamén fixemos chapas para Mónica, Flavia e Úrsula, e mandámoslle unha de regalo ao excelentísimo señor alcalde. Desde o Concello, cada nenx recibiu un agasallo (unha bolsiña moi bonita cunha lenda sobre o día de hoxe).
Puxémoslle tamén a catro aulas do colexio o nome de catro mulleres galegas importantes:
- A aula de infantil: Marisa Núñez.
- Aula de 1º e 2º: Guadi Galego.
- Aula de 3º e 4º: Xela Arias.
- Aula de música: Luisa Villalta.
Colocamos uns portarretratos na entrada destas aulas cun código qr que dá acceso a información sobre cada unha das homenaxeadas. Esta información foi recompilada polo alumnado do centro.
Come Local
O CEIP Pobra de Brollón é un dos centros escolares participantes na IV edición da "COME LOCAL", campaña para promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade, impulsada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (@experienciasdecalidadegalicia).
Entre outras cousas, estase achegando varios produtos galegos con certificado de calidade (DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade) a cada un dos comedores para dar a oportunidade de que os nenos e nenas poidan degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe Galicia e cunha trazabilidade garantida.
A este centro xa chegaron as fabas da IXP Faba de Lourenzá,
eco-froita, queixo da DOP Arzúa-Ulloa, mel da IXP Mel de Galicia e máis produtos de horta ecolóxica procedentes de pequenos produtores galegos.
Outras das accións que se están a facer dentro desta campaña, é o establecemento de sinerxías con produtores galegos con certificado de calidade DOP, IXP e Ecolóxico de proximidade; axuda con ferramentas que faciliten o cálculo do gasto “escandallo”; accións formativas dirixidas a equipos de cociña, equipos directivos e estudantes; e asesoramento ao persoal de cociña sobre aprovisionamento.
#volveaComeLocal #GaliciaEtiquetaCalidade #Comelocal2023 #ExperienciasDeCalidadeGalicia #CalidadeAlimentaria #GaliciaComeLocal #Axenda2030 #ODS2 #ODS4
#ODS8 #ODS11 #ODS12 @slowfoodcompostela
Celebramos o entroido.
Chegou o entroido e celebrámolo traballando sobre os diferentes personaxes do entroide en Galiciam facendo fincapé no oso de Salcedo e en como se organiza o entroido no nosa zona. Así, celebramos os xoves de compadres e comadres facendo un compadre e unha comadre de palla, coma era tradicional.
Finalmente queimamos o compadre, a comadre librou por mor da chuvia...
Día da Paz.
Este ano celebramos o día da Paz cunha canción orixinal titulada "As frores da paz". Cada alumnx dixo a súa frase sobre a paz ao tempo que colocaba a súa flor nun maceteiro, ambos os dous feitos na clase. Podedes ver o vídeo que se fixo sobre esta actividade no curso de famlias.
Reserva de praza no CEIP Plurilingüe da Pobra do Brollón
Xa se pode solicitar praza para o próximo curso no CEIP Plurilingüe da Pobra do Brollón.
O prazo vai desde o día 1 ao 20 de marzo.
Agardámosvos!!!
Merendas saudables.
Por favor, que o alumnado de Educación infantil, por seguridade, non traia froitos secos.