Dinamización lingüística
O Samaín.
O día 31 de outubro celebramos o Samaín coas seguintes actividades:
- "Decoramos" un pouco o colexio.
- Fixemos unha exposición de vasoiras feitas polo alumnado.
- Traballamos unha secuencia didáctica sobre o Samaín, as súas orixes, algunhas curiosidades...
- Fomos a unha sesión de contacontos, promovida pola ANPA (moitas grazas), ao Centro de Día. Alí, Atenea García (grandísima contadora) contounos uns contos.
- Na biblioteca "Olga Novo" do noso colexio, os maiores (co respaldo da pantalla) contaron contos de medo.
- Rematamos coa degustación dun menú terrorífico.
Tedes máis fotos no curso de pais.
Día da biblioteca con Yolanda Castaño.
O día 19 de outobro tivemos no centro a Yolanda Castaño.
Contounos contos en verso. Foi marabilloso.
Grazas ao Concello da Pobra do Brollón e á biblioteca municipal por traérnola.