Visitamos a empresa Caurelor.

O martes día 22 de outubro, en pleno outono, visitamos Caurelor, unha empresa que se adica á fabricación de mermeladas a base de produtos do Courel.

Saímos pola mañá do colexio cara a Santa Eufemia para ver o souto no que se producen as castañas das que despois se fai unha das mermeladas. 

No camiño, paramos no miradoiro de Campodola-Leixazós para ver o impresionante dobramento xeolóxico que se producíu no carborífero inferior, hai máis de 300 millóns de anos.

En Santa Eufemia visitamos o souto de Daniel, a persoa que nos acompañou e nos guiou perante todo o percorrido. Alí recibimos un agasallo marabilloso: unha castaña para plantar na casa e así ter un castiñeiro do Courel.

Baixamos a Quiroga onde está o obrador de Caurelor. Nel pudemos ver algunha máquina coma o autoclave e unha envasador ao valeiro que se utilizan no proceso de elaboración e envasado das mermeladas.

Finalmente tivemos a oportunidade de probar os deliciosos produtos de Caurelor e fomos agasallados cun frasco de mermelada e un libro dos Bolechas cada un.

Foi unha interesante xornada.