Skip to Content

Alumnos

PUNTO LARANXA contra o acoso escolar

O servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia da Xunta de Galicia iniciou a colocación de puntos laranxa contra o acoso escolar nos centros educativos, desde os que o alumnado poderá denunciar este tipo de situacións "desde o absoluto anonimato".

No colexio xa contamos cun destes puntos laranxa que funciona, a modo de caixa de correos, a través do cal o alumnado pode comunicar ou denunciar posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran. Ademais temos un punto laranxa virtual nesta mesma páxina web ao que podedes acceder desde a barra lateral dereita.

Máis información:

Campaña de recollida de pilas (PILABOT)

A Xunta de Galicia xunto a Fundación Ecopilas e outras entidades, promoven a quinta edición dunha campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos. O noso centro solicitou participar nesta campaña para fomentar a recollida de pilas e acumuladores portátiles entre o noso alumnado e as súas familias. 

Lembrar que considérase pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila botón ou batería que estea precintado. Teñen esta tipoloxía as pilas botón e estándar utilizadas en calquera aparello presente nos fogares e nas oficinas, tales como mandos a distancia, teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, xoguetes eléctricos, etc.

Para facilitar a recollida, todos as alumnas e alumnos levaron ás súas casas unha caixiña de cartón onde irán gardando as pilas ata a súa entrega e baleirado no contedor situado na entrada do colexio.

Axudemos a reciclar con enerxía!!

Ligazóns:

Distribuir contido



by Dr. Radut