Skip to Content

Servizo de Comunicación AbalarMóbil para os docentes

portal espazoAbalar é unha canle de comunicación comunicación entre o profesorado e as familias. Podedes enviar mensaxes aos pais ou titores legais, tanto de xeito individual como dun grupo completo e, opcionalmente, permitir que respondan á mensaxe iniciando así unha conversa con elas. Disponse de varias funcionalidades de mensaxería:

  • mensaxes privadas
  • mensaxes de difusión
  • mensaxes tipo sala

Así, coas mensaxes privadas para grupos enviadas polo profesorado, os pais van poder comunicarse mantendo a privacidade. A única diferenza é que o profesor vai poder personalizar os contidos (nas mensaxe privadas), ou notificacións de interese para todo o grupo (mensaxes de difusión).

Pola súa parte, as mensaxes tipo sala, permiten crear novas comunicacións dirixidas ás persoas responsables do alumnado. Neste caso a selección faise por grupos completos e as respostas que se envían son visualizadas por cada integrante da sala que teña aceptado participar no chat.

Unha vez enviada a mensaxe, os pais ou titores legais que estean subscritas ás notificacións recibirán avisos na aplicación abalarMóbil instalada nos seus móbiles.

Videotitoriais:

 



page | by Dr. Radut