Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Boas Festas

Con esta imaxe queremos felicitarvos as Festas. 

Bo descanso e vémonos con novos folgos no 2013.


Programa colectivo de Nadal do CEIP Pazos de Reis

Aquí están as recomendacións de todo o alumnado  de Pazos de Reis; un programa que hai que escoitar.

 

 Este é o libro que recomendamos para adultos

 

E este o  da música que escollemos: María Fumaça

 


 



13:34 minutes (8 MB)

Programa de radio CEIP Nº2 de Tui, Konrad, el niño ...

Título:  KONRAD o el niño que salió de una lata de conservas

Autora: Christine Nöstlinger

Editorial Alfaguara


A señora Bartolotti vive bastante feliz, aínda que a xente pensa que é rara. Unha das súas aficións é pedir todo tipo de cousas por catálogo. Un día recibe unha gran lata cun neno dentro; unha fábricea faille chegar un dos seus mellores productos: un neno perfecto, educado, amable, listo e obediente.


10:45 minutes (8 MB)

Recitando Celso Emilio, o vídeo

Así foi o acto no que todo o alumnado recitou o poema Deitado frente ao mar , no patio da escola.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

OPOSICIÓNS A BRUXA, E OUTROS CONTOS - Recomendación do CEIP Vicente Risco

 

Autor: José Antonio del Cañizo

Tradución ao galego: Valentín Arias

Editorial: Anaya

Colección: O Trasniño Verde 

Neste programa fálannos  "dun  pequeno libro onde se poden atopar varias historias: o exame do planeta Terra, unha princesa que inventou os pantalóns vaqueiros, unha bruxa que oposita, unha de tesouros de faraóns,..."

 


9:04 minutes (8 MB)

12 / 12 / 2012, ás 12:00h. RECITAMOS A CELSO EMILIO FERREIRO

12 de decembro de 2012: Estade atentas!

 

Lingua proletaria do meu pobo

eu fáloa porque si

porque me peta

...

 

Unha iniciativa da CGENDL


CONTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS, programa do CEIP de Chancelas

TITULO: Cuentos en verso para niños perversos

AUTOR: Roald Dahl

ILUSTRADOR: Quentin Blake

TRADUCIÓN AO CASTELÁN:  Miguel Azaola

EDITORIAL: Alfaguara

RESUMO:

É un libro de contos en castelán, cur-

tos e bastante chulos. Os contos están contados ao revés e están escritos en formas de rimas. As princesas piden cousas de agora, as bruxas son fermosas, os lobos amables... é dicir, todo ao revés.


8:23 minutes (7.69 MB)

O libro viaxeiro: A cociña tradicional galega

En todos os niveis teñen xa circulando o libro viaxeiro deste curso. Nas casas xa están escollendo as receitas que queren que aparezan nel. 

Esta é a portada  

O MEU PRIMEIRO CELSO EMILIO, libro do programa do CEIP As Covas de Meaño

 

  Título: O meu primeiro Celso Emilio

Autores: Xiana e Xosé Lastra.

Ilustracións: María Manuela

Edicións  Xerais de Galicia

Os nenos e nenas de 5º curso de Meaño recoméndannos este libro disco con poemas de Celso Emilio Ferreiro e cantigas baseadas neles.

Este programa é unha aportación máis ás homenaxes que se foron facendo ao longo deste ano para celebrar  os cen anos do nacemento deste escritor. 


15:14 minutes (8 MB)

CONTOS POR TELÉFONO, libro do programa de Pazos de Reis

O libro de “Contos por teléfono”  fala dun pai  que  chama todas as noites á súa filla por teléfono para contarlle un conto antes de se durmir. O pai é un viaxante  de  mediciña que viaxa por toda Italia e só esta na casa os domingos, por iso llos conta por teléfono.

Este libro ten un montón de contos curtos, que están ambientados en cidades de Italia. É moi divertido para ler na casa toda a familia.


16:00 minutes (8 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut