Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

VENRES NEGROS

PONTE...NAS ONDAS! 2013

O venres 31 de maio celebrarase a XIX Xornada de Radio Inter-escolar PONTE…NAS ONDAS! .

A partir das 10:00h os programas de todos os centros educativos participantes quedarán colgados na web: www.pontenasondas.org   á disposición de quen queira velos e/ou escoitalos. O lema desta xornada é PONTE…A BRINCAR! . Un ano máis participan centros educativos de toda Galicia e Portugal, e tamén haberá programas de escolas de Chile, Colombia, Brasil e Arxentina.

 A parte técnica da emisión por internet correspóndelle á Universidade de Vigo a través da súa canle UVigo-TV.

A escola de Pazos de Reis participa cun programa elaborado por nenos e nenas de 4º e 6º co título de Ponte a xogar…  Nel contaron coa participación de avós e avoas que viñeron á escola a compartir saberes e xogos con nós

Celebración dos Maios e o Festival das Letras Galegas 2013

Nesta serie de 6 vídeos ofrecémosvos o resultado do traballo que fixemos para estas celebracións. O Festival tivo lugar o 16 de maio na Casa Cultural d'O Anxo.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Caradepapoula e o pau de chuvia: 3º e 4º

sentímolo, flash non está dispoñible.

Adiviñas 2º e Infantil: Eu son un artista

sentímolo, flash non está dispoñible.

Adiviñas e o Pirimpimpín: 1º e 2º

sentímolo, flash non está dispoñible.

A Rianxeira: 3º e 4º, o himno galego: 6º, O piollo e a pulga: 1º

sentímolo, flash non está dispoñible.

Despedida e Polca da Porteliña - 6º

sentímolo, flash non está dispoñible.

EL AMULETO YORUBA, programa do CEIP Nº2 de Tui

TÍTULO: EL AMULETO YORUBA

AUTOR: Juán Miguel Sánchez Vigil

EDITORIAL: Alfaguara infantil

RESUMO:

Este libro trata dun neno de 10 anos que vive en Nixeria, pero como alí non hai traballo, cruza cos seus pais o deserto do Sahara ata chegar a Marrocos. Alí soben a unha patera. Nesa viaxe  morre a súa nai e el queda só co seu pai. Ao chegar á Península  cólleos a Garda Civil que lles dá comida, mantas…

Antes de saír do seu país, o avó deulle un amuleto da sorte  que el tiña. Chegarán a Madrid onde el irá ao cole e o seu pai atopará traballo de albanel. Ao principio non tiña amigos, pero logo consigue facer dous bos amigos.

Din  os nenos do Nº 2 que é un libro moi bo para que valoremos o que nós temos e entendamos o que pasan as persoas que veñen en pateras.


6:53 minutes (8 MB)

Animais Encantadores, un programa do CEIP de Chancelas sobre este libro

 


TÍTULO: Animais encantadores

AUTORA:  Susa Herrera

EDITORIAL: Primera  Persona

RESUMO: É un libro infantil de animais, cunhas cantigas fermosas, dedicadas ao can, á ratiña, ao pingüín, ao dinosaurio, ao pitiño… Susa Herrera é profesora de música na Escola de Maxisterio de Pontevedra, e coñece moito o mundo dos nenos e tamén a música que lles gusta.

 O libro ten representacións a toda cor feitas a partires de figuras de plastilina, obra de  María Noel Toledo. As cancións van tamén acompañadas das súas partituras. Complétase cun CD de música.


14:05 minutes (8 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut