Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

O CEIP de Pazos de Reis no Tui le

O día 23 de abril, participamos no "Tui le, os libros na praza da Catedral", a actividade que vén organizando a Biblioteca Municipal nos últimos anos, contando coa colaboración das blibliotecas dos centros escolares de Tui. 

  Ademais dos libros que intercambiou todo o noso alumnado, mestres e mestras, os nenos e nenas de 1º, 3º, 4º e 6º fixeron a súa particular aportación interpretando poemas de Rosalía de Castro e Xosé Neira Vilas. 

 Aquí deixamos o vídeo.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Alumnado de Pazos de Reis conta contos na Biblioteca Municipal

O martes 30 de abril, ás 17:30h, nenos e nenas da nosa escola contarán contos na Biblioteca Municipal de Tui, usando a técnica xaponesa do Kamishibai.  Así se anuncia na páxina do concello, 

 http://www.concellotui.org/php/noticias.php?id=2106 :

Pola súa banda, o martes 30 de abril ás 17,30 horas os alumnos do CEIP de Pazos de Reis ofrecerán unha sesión de contos coa técnica tradicional xaponesa do kamishibai e así os alumnos de E. Infantil narrarán o conto “O castelo en guerra”, os alumnos de Primeiro de Primaria “Historia Encantada”, namentres que os alumnos de terceiro curso de primaria narrarán o conto “O neno coas mans e a cabeza ao revés” e finalmente os rapaces de cuarto de primaria contarán “O feitizo de Drácula”. “Kamishibai” é unha palabra xaponesa que significa “Teatro de Papel”. É unha técnica especial de linguaxe oral, que forma parte da herdanza cultural xaponesa. Unha forma, dende séculos, de contar contos en Xapón. Trátase dun teatriño de madeira cunha sucesión de láminas coas que se narra e interpreta unha historia.


Valoración da CGENDL sobre a política lingüística do goberno galego

Tralas últimas declaracións realizadas nos pasados días polo presidente da Xunta de Galicia, don Alberto Núñez Feijóo, a respecto da política lingüística que pretende seguir o goberno galego, e ante o discurso que lanza cara á sociedade en xeral e cara ás comunidades educativas en particular, a Coordinadora Galega de ENDL, da que o CEIP de Pazos de Reis forma parte, elaborou o seguinte documento, dispoñible en  http://ir.gl/2e94d5 , no que expón as súas consideracións sobre este tema. 

EXPONATUR



O DENTE DE CLARA, programa de marzo do CEIP Vicente Risco

 

TÍTULO: O dente de Clara

AUTORA: Ana Expósito Valle

EDITORIAL: Edelvives

RESUMO:  É a historia dunha nena chamada Clara, que unha noite coñece ao ratiño Pérez. Pero como este se equivoca porque a ela non lle caíra ningún dente,  ten que quedar a vivir con ela ata que lle caia un. Mentres tanto, viven moitas aventuras por todo o mundo.   Este libro ten debuxos moi bonitos de   Mª Fe Quesada.


10:29 minutes (8 MB)

LÚA DE SENEGAL, o libro do programa de marzo do CEIP As Covas - Meaño

 TÍTULO: Lúa do Senegal

 AUTOR: Agustín Fernández Paz    

  ILUSTRADORA: Marina Seoane                            EDITORIAL: Edicións Xerais 

Conta a historia de Koedi, unha nena que ten que emigrar e deixar o seu  país, Senegal, porque os seus pais non tiñan traballo alí. Chega a Vigo e séntese moi soa; só  ten unha amiga, a Lúa,  coa que fala a miúdo. Neste programa os nenos/as de Meaño fan entrevistas preguntando  á xente pola emigración en Galicia, sobre que familiares  teñen emigrados, a onde lles gustaría emigrar… Como eles  din, este é un tema moi de actualidade. 


11:54 minutes (8 MB)

ME LLAMO..., BIOGRAFÍAS de JULES VERNE e CHARLES CHAPLIN, programa do CEIP Nº2 de Tui

Neste programa recoméndannos 2 libros da Colección ME LLAMO, da Editorial Parramón: os adicados a Julio Verne e Charles Chaplin. 

ME LLAMO é unha colección de 23 biografías de personaxes relevantes. En cada libro, o personaxe elixido conta en primeira persoa o máis destacado da súa vida e faino a través das súas obras ou accións. Cunha narración atractiva, capta o interese dos nenos e nenas presentándolles o máis destacado destes personaxes. 


5:51 minutes (5.36 MB)

ESCOLMA POÉTICA DE ROSALÍA DE CASTRO, programa de febreiro do CEIP de Chancelas - Poio

Título:  Rosalía de Castro.Escolma poética
Autora: Rosalía de Castro
Ilustradora: Belén Padrón
Editorial: Kalandraka

Este libro presentado polos compañeiros do CEIP de Chancelas, recolle uhna escolma dalgunhas poesías  da grande poetisa  Rosalía de Castro da que este domingo 24 celebramos  o seu día. Os nosos compañeiros din que é un libro precioso, cunha edición moi coidada.  Neste programa  podemos escoitar algúns poemas musicados por Amancio Prada e a Señora Carme, e outros recitados polos nenos . Este é un bo libro para celebrar o DÏA DE ROSALIA.

12:18 minutes (8 MB)

O ESTANQUE DOS PARRULOS POBRES, no programa de febreiro do CEIP As Covas - Meaño

Título: O estanque dos parrulos pobres

Autora: Fina Casalderrey

Editorial: Rodeira

O que din os nenos e nenas no programa: Trata dunha nena que se chama Noema, que ten por amigo ao seu avó porque o seu pai está pouco na casa. Cando morre o avó, a rapaza non o comprende. Este libro é triste pero interesante. Ensina a apreciar aos maiores porque son moi sabios. 


8:06 minutes (7.41 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut