Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Xogo de pistas sobre Valentín Paz Andrade

Este ano o xogo de pistas levounos 2 días, empezamos o venres 18, tivemos que parar por mor da chuvia, e rematamos o luns 21.

 Este é o vídeo

sentímolo, flash non está dispoñible.

Programa especial Letras Galegas 2012

Neste programa, emitido o xoves 17 de maio por Radio Tui, participa todo o alumnado da nosa escola recomendando libros en galego. 


19:19 minutes (8 MB)

Ti es dos meus, a canción do proxecto "Un agasallo para o mundo"

Neste pequeno vídeo recóllense fragmentos das gravacións que a mestra de música fixo da interpretación do tema "Ti es dos meus" por todos e cada un dos cursos. 

sentímolo, flash non está dispoñible.

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI "MINIMALARIO" CEIP AS COVAS DE MEAÑO

Titulo: Minimalario.

 Autor: PINTO & CHINTO

 Editorial: Kalandraka

 

Minimalario é un libro de historias mínimas protagonizadas por animais diversos: salvaxes e domésticos, vertebrados, e invertebrados, voadores, terrestres e acuáticos. Animais humanizados que afrontan situacións surrealistas con solucións imaxinativas, como o galo que desafinaba, ou a luciérnaga sen luz. Outros presentan estrañas calidades, como a vaca tola que daba leite de cabra, ou a lura feliz que soltaba tinta de cores. Todos, desde o topo afortunado á hiena risueña, experimentan anécdotas que -desde
o punto de vista literario- resólvense xogando ao equívoco, buscando o dobre sentido, o ?nonsense? e o humor intelixente.
As ilustracións comparten o carácter minimalista dos textos; son retratos caricaturescos que presentan aos personaxes en poses divertidas. Minimalario foi galardoado co Premio Merlín de Literatura Infantil 2007.


9:14 minutes (8 MB)

Paralympics 2012: P5 and P6 present "Tui, our home town"

Neste pasado mes de abril empezamos a traballar nun proxecto do British Council chamado Twin for 2012. Compartiremos traballos e información cunha escola de Nottinghamshire, a Orchard Primary School and Nursery.

  A primeira tarefa foi a de elaborar unha breve presentación sobre o lugar no que vivimos. Foi un traballo levado a cabo por alumnado de 5º e 6º: eles, acompañados polas familias, tiraron as fotos onde lles pareceu, escollemos as que podiamos usar, fixemos un guión en inglés e son as súas voces as que aparecen no vídeo.

  A partir de agora iremos traballando con información sobre os xogos e deportistas paralímpicos. Seguide atentos a esta web!

  Aquí vos deixamos o vídeo.

sentímolo, flash non está dispoñible.

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI "MONSTROESCOLA" CEIP VICENTE RISCO

Título: Monstroescola

Autora: Anxo Fariña

Editorial: A Nosa Terra

Na vila de Quintopiñeiro só hai dous nenos, e por iso a súa escola está en perigo. Se non atopan máis alumnos antes do venres pecharán a escola para sempre. Un acontecemento inesperado avisará da chegada de máis nenos. Mais... como serán?




6:11 minutes (5.67 MB)

FAI UN TÍTERE

Os nenos e nenas do primeiro ciclo participamos nun taller de títeres. Viñeron Tatán e Andrés do grupo TANXARINA, con eles fixemos un titere.

Dicionario da Real Academia Galega na web

Aquí enriba, nos enlaces de fondo negro da nosa páxina, tedes o enlace á web da RAG e ao seu dicionario electrónico dende o cal podedes consultar calquera palabra en lingua galega; coñecer o significado, ver exemplos de frases e mesmo oír a súa pronunciación; en definitiva, un moi bo recurso en liña!

Próbao!                    

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI "EL DIARIO DE GREG" CEIP CHANCELAS

   TITULO : DIARIO DE GREG

   AUTOR: JEFF KINNEY

   EDITORIAL: MUIÑO

 Diario de Greg (En inglés, Diary of a Wimpy Kid) é unha serie de libros publicados pola Editorial Muíño en España que describe a historia de Greg Heffley, o protagonista, na súa vida de adolescente de forma cómica. Tan só en España, vendéronse 400.000 exemplares do primeiro exemplar e 700.000 do resto. En Estados Unidos a cifra sobe aos 16.000.000 exemplares vendidos.


13:22 minutes (8 MB)

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI "PERIGO VEXETAL" CEIP VICENTE RISCO

 

Título: Perigo vexetal

Autora: Ramón Caride

Editorial: Xerais- C.Merlín

 

 É un libro de ciencia ficción e intriga que engancha ao lector dende as primeiras páxinas, ideal para ler nun fin de semana.

Cada capítulo que rematamos pídenos iniciar o seguinte en canto teñamos un segundo libre.


7:37 minutes (6.98 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut