Pais/Nais

Blogue de admin

Roteiro educativo de convivencia en familia

O Concello de Boiro organiza un roteiro educativo de convivencia en familia o vindeiro 19 de outubro.

O programa da visita vai consistir nunha visita guiada pola Pontevedra monumental e ao Museo de Pontevedra; o xantar será por conta propia na área recreativa de Campo Lameiro e, pola tarde, continuará o programa cunha visita guiada á área arqueolóxica e exposición do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro e unha exhibición de lume.

A saída do autobús será ás 9.30h da Cachada, na Avenida da Constitución diante da Casa da Cultura, e o prezo da actividade será de 10 euros.

 

OBRADOIRO DE PETROGLIFOS

O vindeiro 5 de outubro terá lugar un obradoiro de petroglifos. Toda a información e a inscripción poderedes atopala escaneando o código QR do cartel. 

 

Preparando a volta ao cole!

Xa estamos de volta...