Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

Publicada a relación de libros de texto para curso 2019/2020 no taboeiro do centro. No arquivo adxunto a esta información podese descargar a citada relación.

En previsión de que algún titor/a de 1º, 3º ou 4º de Educación Primaria decida non empregar libros de texto, dende o centro recoméndase agardar ata setembro para mercalos.

ABERTO PRAZO DE MATRICULA PARA O CURSO 2019-2020

Aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2019/2020 dende o 20 ao 30 de xuño.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

* IMPRESOS DE MATRÍCULA (No caso de pais/nais separados debe vir firmado por ambos proxenitores)

* 3 FOTOS TAMAÑO CARNÉ

* FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA/DNI DO SOLICITANTE E DOS PROXENITORES

* FOTOCOPIA TARXETA SANITARIA DO SOLICITANTE

* CARTILLA DE VACINACIÓNS DO SOLICITANTE

* NO CASO DE PROXENITORES SEPARADOS APORTAR SENTENCIA XUDICIAL

* NO CASO DE ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS DE APOIO EDUCATIVO APORTAR DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DE DITA NECESIDADE

 

Nota: Descargar INFORMACIÓN e IMPRESO DE MATRICULA nos arquivos adxuntos

SORTEO ENTRADAS PARQUE ACUÁTICO CERCEDA

O vindeiro xoves, 20 de xuño de 2019, ás 12:30 h farase sorteo público no colexio das 11 entradas sobrantes do premio acadado no concurso "RECICLATE CON SOGAMA", entre o alumnado implicado na obra premiada (Infantil, 4º Educ. Primaria e 6º Educ. Primaria).

O alumnado que resulte agraciado levará dita entrada o venres 21 de xuño, xunto coas cualificacións do curso.

 

 

PROCEDEMENTO DE AUTODECLARACIÓN DOS PREZOS PÚBLICOS POLA UTILIZACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR

Aberto o prazo para presentar o modelo-impreso de autodeclaración de prezos públicos, que unha vez cuberto e asinado será entregado no propio centro antes do día 11/09/2019.

Neste impreso decláranse as circunstancias de carácter persoal e de renda neta per cápita familiar correspondente ao exercicio fiscal 2018, e determina así a contía do prezo público que lles corresponde aboar pola utilización do comedor escolar, de acordo cos tramos fixados no Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares (DOG do 13/08/2013).

 

Poderán descargar INFORMACIÓN, así como o ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN nos arquivos adxuntos.

PROGRAMA RECICLATE CON SOGAMA

 O CEIP Plurilingüe de Outes foi galardoado co 1º Premio do concurso escolar "RECICLATE CON SOGAMA", coa obra "O mar vence ao plástico". Esta obra escenifica a antítese entre un monstro, elaborado con plástico non biodegradable, e unha serea construida con materiais naturais.

As persoas interesadas poden obter mais información sobre esta actividade clicando na pestana "Reciclate con SOGAMA", dentro desta páxina web.

 

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019-2020

Publicada a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros sostidos con fondos públicos, para o curso 2019/20. (Diario Oficial de Galicia do luns, 20 de maio de 2019)

 

O prazo para presentar solicitudes é do 21 de maio ao 21 de xuño de 2019.

 

Nos arquivos adxuntos pódese consultar a información e descargar a solicitude.

MATRICULA PARA O CURSO 2019/2020

MATRÍCULA CURSO 2019/2020

 

Prazo matrícula: dende o 20 ao 30 de Xuño 2019

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

* IMPRESO DE MATRÍCULA (No caso de pais/nais separados debe vir firmado por ambos proxenitores)

* 3 FOTOS CARNÉ

* FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA/DNI DO SOLICITANTE E DOS PROXENITORES

* FOTOCOPIA TARXETA SANITARIA SOLICITANTE

* CARTILLA DE VACINACIÓNS DO SOLICITANTE

* NO CASO DE PROXENITORES SEPARADOS, APORTAR SETENZA XUDICIAL

* NO CASO DE ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS DE APOIO EDUCATIVO, APORTAR DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DE DITA NECESIDADE

OS MANDADOS DO MECO

Mandados do Meco

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019/2020

 

1.   

NORMATIVA REGULADORA DA ADMISIÓN.

A normativa que rexe o proceso de admisión é a Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG, 15/03/2013), modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG, 01/02/2017).

 

2.   

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

O alumnado de 6º curso de Primaria que NON solicitou praza no centro adscrito de Educación Secundaria (IES Poeta Añón), deberá solicitar praza noutro centro que desexe entre o 1 e o 20 de marzo, entregando no centro que elixan o Anexo II da Orde anteriormente mencionada.

 

O alumnado, dende Educación Infantil ata 5º de Primaria, que este curso estivese matriculado no noso centro, ten reservada a praza polo dereito de permanencia no mesmo. Se decidisen solicitar praza noutro centro que non sexa este, deberán achegarnos unha copia da solicitude de admisión que entregue nese novo centro.

 

O prazo de presentación das solicitudes de admisión  para alumnado de nova incorporación ó centro, abranguerá dende o día 1 ó 20 de marzo de 2019.

 

A solicitude de admisión (AnexoII) será única e poderase cumprimentar de forma electrónica na aplicación de admisión de alumnado da web https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado, ou descargarse e cumprimentarse de forma manual para presentar de forma presencial no centro educativo. Tamén poderase descargar na web do centro https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoutes/. Así mesmo, na secretaría do centro facilitarase unha instancia-solicitude ás persoas interesadas.

 

Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

·  Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

·    Documento acreditativo do requisito de idade do/a alumno/a (DNI, Libro de familia,...)

·   Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa (certificación académica).

·     Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

Toda a documentación deberá ser orixinal ou copia cotexada (bastará para iso co selo do centro).

 

 A solicitude de admisión poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Nos demais casos requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

 

 

3.   

O alumnado admitido formalizará a matrícula na secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño de 2019.

 

Serra de Outes, 19 de febreiro de 2019

A Directora.

 

 

 

Asdo. Mª de las Mercedes Cereijo Tuñas

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

INFORMACIÓN XUNTA ELECTORAL

Realizadas as eleccións para a incorporación de novos membros ó CONSELLO ESCOLAR, a XUNTA ELECTORAL procede á proclamación dos candidatos/as elixidos/as como resultado das distintas votacións realizadas a tal fin.

Quedan proclamados como candidatos/as elixidos/as para formar parte do CONSELLO ESCOLAR os seguintes representantes:

 

* PROFESORADO

- Dª Ana Bermúdez Gómez

- D. Adrián Rivero Iglesias

- Dª Mª Carmen Horta Insua

- Dª Elda López Esparís

 

* PAIS/NAIS DO ALUMNADO

- Dª Mª Inmaculada Pouso Gándara

- Dª Mª Rosa Rama Vilela

 

* PERSOAL ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

- D. Alejandro M. Romero Pérez

Distribuir contido


by Dr. Radut