Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

APRENDIZAXE VERTICAL

Unha das nenas de terceiro estivo investigando e traballando sobre Grecia, por iso, ensinóullelo aos nenos de primeiro que xa sabían moito sobre esa cultura. Aquí vos deixamos algúns dos momentos na biblio da exposición de Andrea.

Nena de terceiro expoñendo o seu traballo de Grecia na Biblioteca aos de primeiro.

Nena presentando ao seu traballo aos nenos e nenas de primeiro sentados nos sofás da biblioteca

Collage de fotos dos nenos e nenas de primeiro ezcoitando a exposición dunha nena de terceiro sobre Grecia, a súa bandeira, as súas costumes...Nena lendo un conto sobre Grecia aos nenos de primeiro

MÚSICA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Co gallo da celebración das Letras Galegas tivemos a sorte de contar con Suso Vaamonde para coñecer un pouco máis da nosa cultura, esta vez, da cultura musical. Aquí vos deixamos unhas fotos desta fermosa e construtiva charla que nos deixou a todos embelesados cuan Frautista de Hamelin.

 O músico Suso Vaamonde tocando diferentes instrumentos galegos  

Nenos e nenas escoitando música de instrumentos tradicionais con Suso Vaamonde  Nenos e nenas sentados en cadeiras escoitando a Suso Vaamonde e música tradicional galega.

Igualmente, dende a aula de música en colaboración co equipo da biblioteca, estivemos investigando sobre os diferentes instrumentos musicais nas distintas culturas. Aquí vos deixamos un exemplo dalgunhas das nosas pesquisas. Para velos mellor picade enriba das fotos.

En fin de curso, máis música intercultural! 

OS NENOS E NENAS DE 2º RECOLLEN OS ACCÉSIT DO POETA AÑÓN

O sábado 16 de Maio ás 19.00 horas os nenos e nenas da "Clase dos Listos" coa representación de Eloy e Jacobo recitamos e recollimos os dous accésit do XIX Certame de Poesía Poeta Añón de Outes. Parabéns pequech@s! 

Nenos, nenas e pais nas butacas da aula de cutura do Concello de Outes

Collage onde aparece unha pancarta na que está escrito XIX Certame de pOesía Poeta Añón, e dous nenos de 7 e 8 anos esperando na butaca para ler

Collage onde unha foto ensina aos gaiteiros e outra a os nenos gañadores do certame de poesía de Outes

Os poemas premiados foron "O POEMA DA AUGA" do que o xurado destacou o aumento da intensidade do discurso e "RIMAR E MULTIPLICAR" do que dixo que era unha forma lúdica e orixinal de aprender as táboas. Aquí vos deixamos todos os que presentamos! 

 

SAIMOS NO XORNAL!

Os nenos e nenas que participaron na visita dos axentes forestais saen no xornal "LA VOZ DE GALICIA". Para ler a nova completa picade na imaxe.

Nenos e nenas posando diante dun camión motobomba xunto cos axentes forestais e mestres do grupo de terceiro

EXPOSICIÓN SPRING IS ART!

No corredor de 1º e 2º expóñense algúns dos traballos feitos polos nenos a partir de material reciclado en Arts e na aula de apoio. Spring is art in Outes! Xoaniñas, cempés, flores...

Imaxes de polbos, xoaniñas e flores feitas con material reciclado (rollos de papel hixiénico e botellas de plástico)

Collage de fotos onde se expoñen flores e animais como xoaniñas ou cempés feitas con rollos de papel hixiénico, hueveiras ou botellas de plástico.

LITERATURA ORAL NA CASA DA CULTURA

Ainda estamos a repetir as lerias que nos recitaron este día! O gaiteiro de San Xoan... Grazas a este contacontos aprendimos un pouco máis do noso patrimonio inmaterial: as historias que contaban os nosos antepasado que mesturaban a retranca galega con algo de misterio e superstición.

Nneos escoitando un contacontos da tradición oral na casa da Cultura de Outes

CONTACONTOS 1º E 2º

Unha historia para perder os medos! 

Rapaz contando contos aos nenos e nenas de primeiro e segundo na biblioteca escolar.

Collage de nenos e nenas facendo xestos para un contacontos: Dando curvas, aplaudindo...

ESCOLA DE SAÚDE

Imaxes dos nenos e nenas de terceiro nunha charla sobre alimentación saudable

Collage de imaxes sobre alimentación saudable e nenos e nenas traballando en grupos

Fotos de nenos e nenas traballando en grupo

Nenos e nenas lendo os traballos que fixeron en grupo sobre alimentación saudable

OS AXENTES FORESTAIS VISITAN O COLE.

A música do vídeo é do grupo "Migallas", é un CD moi divertido que se titula "Pan de Millo", está editado por Kalandraka. Recomendámosvolo! Para saber máis picade na imaxe.

VISITA DOS AXENTES FORESTAIS from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

 

NOVAS ETIQUETAS NA BIBLIO

Os profes da biblio estivemos poñendo novos carteis para identificar as temáticas dos libros da sala de consulta. Tamén en inglés!Etiquetas identificativas das temáticas dos libros na biblioteca: coñecemento do medio, historia de Galicia, educación artística e deportes

Distribuir contido


by Dr. Radut