Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

PEPA NIETO E MATEMÁTICAS

Os nenos e nenas de 3º aprendemos arte e xeometría a partir da escultora outiense, Pepa Nieto, aquí vos deixamos o noso traballo e a mensaxe que lle mandamos para que vira as nosas obras.

 

OS NOSOS CONTOS XEOLOCALIZADOS

Na clase de 3º de EP fixemos os nosos propios contos localizados en lugares de Outes, ademais de contalos polo Día do Libro en presenza dun público especial (xa vos ensinaremos os vídeos) tamén os enlazamos no Google Maps. Aquí os tedes!

Letras Galegas 2016

O pasado xoves os alumnos de cuarto curso de Educación Primaria asistimos, xunto con outros colexios e institutos, a un acto de celebración das letras galegas que este ano se adican a Manuel María no Coliseo Noela de Noia

Nós participamos representando "Manuel María cóntanolo" que trata dunha entrevista a Manual María realizada por unha intrépida xornalista. Claudia Carou interpretou o papel da xornalista e Andrés Campos interpretou ao célebre escritor Manuel María.

Fixémolo tan ben que ata o presentador do acto nos felicitou!

Penpals II

Os alumnos de 4ºA decidimos gravar un vídeo para que os nosos penpals do colexio de Sugar Creek en EEUU coñeceran un pouco más do noso día a día no colexio.

Queremos tamén agradecer a Jennifer que nos axudara a mellorar a nosa pronuncia en inglés e que nos explicara cousas moi interesantes sobre a cultura dos EEUU.

Grazas Jennifer! Volve pronto a facernos unha visita!

 

 

Pleno Infantil

Os nenos de 3º e 4º curso de educación primaria estivemos aprendendo como se organiza o noso territorio e o estado. Aprendemos a importancia da democracia. Por este motivo creamos varios partidos políticos con diferentes programas electorais deseñados por nós e realizamos unha votación democratica para decidir os nosos representantes nun pleno infantil que se celebrou no salón de plenos da casa do concello de Outes. Grazas a corporación municipal e aos traballadores municipais puidemos aprender moito más na nosa visita. Grazas a todos!

 

Esperamos que vos guste o vídeo do noso pleno de investidura.

 

 

TRABALLO DE 4º "COÑECENDO OUTES"

Os nenos e nenas de cuarto estiveron facendo un traballo de investigación sobre o tema proposto pola biblioteca "Coñecendo Outes". Neste caso buscaron as festas do seu concello e con elas fixeron un mural. Saisa davos as grazas! Agora xa non se vai perder nin unha romaría este verán! 

 

 

 

GAÑADOR DO II CAMPEONATO DE PARCHÍS

Eloy de 3º foi o campeón do segundo campeonato de parchís organizado pola biblioteca do centro. Parabéns Eloy!

REALIZAMOS UN MENÚ SAUDABLE

 
Distribuir contido


by Dr. Radut