Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-2018

Publícase de novo a relación de libros de texto para o curso académico 2017-2018 dado que a publicada anteriormente modíficase coa incorporación de libro de Música para os distintos cursos de Primaria así como tamén libros en distintas áreas de 2º curso.

Ditos cambios son debidos á incorporación de profesorado como consecuencia da fusión de centros.

CONSULTA AOS PAIS E NAIS SOBRE VOTACIÓN PARA IMPLANTACIÓN DA XORNADA CONTINUADA

O próximo dia 26 de xullo de 2017 en horario de 10:00 a 20:00 horas constituirase unha mesa de votación no CEIP de Outes, para que os pais e nais ou titores legais do alumnado procedan a pronunciarse sobre si desexan abrir agora (neste mes) o proceso de votacións sobre implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou pola contra, desexan agardar a que este procedemento se realice durante o próximo curso no mes de marzo.

Estas votacións parten das iniciativas das ANPAS dos centros CEIP Plurilingüe da Serra de Outes e CEIP Emilio de Navasqüés, e como resultado da petición que fixeron ante a  Xefatura Territorial de Educación.

Por indicación da Xefatura Territorial a votación deberá ser en urna ante unha mesa electoral constituída exclusivamente por membros das ANPA e por un representante do concello de Outes que deberá controlar as garantías de desenvolvemento da votación, mediante voto directo , secreto e non delegable. Poderán votar a nai ou o pai ( ou o titor ou titora legal, de ser o caso ) incluídos no censo existente no Xade dos centros que se fusionan.

 

 

 

CONVOCATORIA DE REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO PROCEDENTE DO CEIP EMILIO NAVASQÜES

O CEIP DE OUTES convoca ás familias do alumnado procedente do CEIP Emilio Navasqües para informar sobre o funcionamento e organización do novo centro, resultado da fusión aprobada polo Decreto 60/2017, de 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

Prégase a asistencia pois na reunión abordaranse temáticas relativas ós servizos complementarios :transporte e comedor, e demais información de carácter administrativo e pedagóxico así como dos proxectos e programas nos que participa o centro.

A reunión celebrarase no CEIP DE OUTES o próximo venres 21 de xullo ás 11:00 horas.

                                                                                                               Un saúdo

                                                                                                               A dirección do centro.

PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018: DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2017

DOCUMENTACIÓN  A PRESENTAR:


-IMPRESO DE MATRÍCULA ( facilítase na secretaría do centro. Pódese  tamén descargar nos arquivos adxuntos )


-TRES FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ (indicar nome e apelidos do neno ou nena no reverso )


-FOTOCOPIA DO DNI DO ALUMNO OU DA ALUMNA (se non  dispón   de DNI presentarase fotocopia da folla do  libro de familia na que aparece a nena ou neno)


-FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA.

Anuncio das Xornadas Portas Abertas

 

Agardámoste para a Xornada de Portas Abertas!! 15 e 16 de xuño!

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017-2018

Publicada a Orde do 16 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 22/05/2017) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e esducación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017-2018

O prazo para presentar solicitudes é do 23 de maio ao 23 de xuño de 2017 ( este incluído )

Pódese consultar a Orde no arquivo adxunto.

Premio á Innovación ao proxecto "A vida no acuario"

O proxecto "A vida no acuario" de Audición e Linguaxe,  levado a cabo pola mestra do centro Sonia Sánchez Guerra, resulta premiado no V premio de Innovación Educativa convocado por "Escola Viva" en colaboración con FeSP-UGT Galicia

Parabéns para o alumnado e a mestra de Audición e Linguaxe participante que resultou agasallado cunta contía de 2.000 euros.

 O obxectivo da posta en marcha deste proxecto de traballo é dual e non só está pensada nunha intervención individualizada (co propio alumnado de AL) senón que tamén ten unha parte de intervención no contexto habitual no que o alumnado habita.  Pretende abordar un traballo xa reclamado por Halliday ao indicar que “común a todos os usos da linguaxe é ser significativo, contextualizado e social. O neno atópase inmerso na linguaxe pero non en forma de gramáticas e dicionarios senón de palabras, frases e textos, linguaxe en uso que se produce nunha situación e que ten unha significación social” (Halliday, 1982: 13)

Este é o segundo premio que recibe o centro á innovación educativa, que se xunta co recibido polo alumnado de 3º de Educación Primaria coa mestra Patricia Pena Barbeito no proxecto "Coñecendo Outes", no curso 2015-2016.

 

LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2017/2018

Publícase no arquivo adxunto a relación de alumnado admitido para o curso 2017 / 2018

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2017-2018

Publícase nos  arquivos adxuntos o modelo de solicitude de admisión para o curso 2017-2018 , información sobre a súa cumprimentación e presentación e normativa reguladora do proceso de admisión .


Prazo de presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2017

RESERVA DE PRAZA. CURSO 2017-2018

 RESERVA DE PRAZA  no centro de adscrición para o próximo curso 2017-2018 para as alumnas e os alumnos que rematan a Educación Primaria.

O prazo de entrega da solicitude de reserva de praza é do 1 de febreiro ao 15 de febreiro de 2017.

Deberase presentar no centro educativo de orixe ( CEIP PLURILINGÜE DA SERRA DE OUTES ) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ( como en anos anteriores ) ou a través da aplicación de admisión de alumnado da web https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

no menú: Solicitudes - Solicitudes reserva - Crear solicitude.

Distribuir contido


by Dr. Radut