Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

ACTIVIDADES ENTROIDO 2020

O vindeiro 21 de febreiro imos celebrar a festa do Entroido.

 

Pola mañá haberá un desfile de disfraces polas rúas da Serra. Sairemos do colexio ás 11:00 h, pasando pola praza do Bosque e voltando pola rúa da Vila.

Pola tarde degustaremos unha sobremesa típica destas datas como son as orellas.

Xúntase os mandados do Meco para aquel alumnado que desexe cumprilos.

Lémbrase que o alumnado non poderá asistir ao comedor coa cara pintada, con perrucas, carautas ou outros elementos que dificulten o normal desenvolvemento do servizo.

 

Un afectuoso saúdo.

 

A Dirección

INFORMACIÓN PROCESO XORNADA ÚNICA

A información sobre o proceso permanecerá exposta no taboerio de anuncios do centro:

 

- Orde do 29 de maio do 2008

- Proxecto Xornada Continua

- Censo pais/nais/titores legais (Prazo para posibles reclamacións ata o venres 14 Febreiro 2020 ás 13:30 h)

 

VOTACIÓNS

Luns 17 de Febreiro 2020 en horario de 09:00 a 19:00 horas

 

ARQUIVOS ADXUNTOS

- Circular Informativa

- Tríptico Informativo

- Información charlas familias

CEIP OUTES - NADAL 2019

Queridos pais, nais e titores/as legais:

 

O vindeiro 20 de decembro teremos clase de xornada de mañá, de 10:00 a 13:30 h, polo tanto ese día non haberá servizo de comedor escolar.

 

A organización da mañá será a seguinte:

* Realización de obradoiros de "Danzas do mundo"

* Entrega de cualificacións do 1º trimestre

* A tradicional degustación de chocolate con churros e a visita do "Apalpador"

 

Reanudaranse as clases o mércores 8 xaneiro 2020

 

O CLAUSTRO DE PROFESORADO do CEIP de OUTES, DESEXAMOSVOS UNHAS

FELICES FESTAS E FELIZ ANINOVO

 

CAMBIO A XORNADA LECTIVA PARTIDA

Estimadas familias:

 

A partir do próximo Martes 1 de Outubro 2019 e ata o Venres 29 de Maio de 2020, ámbolos dous inclusive, establécese a xornada lectiva partida co seguinte horario:

 

* Entrada: 10:00 h

* Saída:     17:00 h

* Comedor escolar: 13:30 a 15:30 h

 

Ás 17:00 h o alumnado fará uso do transporte escolar habitual para regresar aos seus fogares.

 

Serra de Outes, 30 de Setembro de 2019

 

 

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2019-2020

Publicada a relación de libros de texto para curso 2019/2020 no taboeiro do centro. No arquivo adxunto a esta información podese descargar a citada relación.

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

* NOTA: Quedan pendentes de confirmar como non lectivos os dous días que lle corresponden ao centro para este curso escolar

RECOLLIDA DE ROUPA ESQUECIDA DURANTE CURSO 2018-2019

Dende o día 2 ao 15 de Setembro de 2019 poderase vir a recoller a roupa esquecida polo alumnado durante o pasado curso 2018-2019.

Pasado este período a roupa restante pasará a formar parte do fondo de roupa do centro para ser usada polo alumnado en caso de necesidade.

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO 3º, 4º, 5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA

Publicado no taboeiro do centro a listaxe definitiva do FONDO SOLIDADRIO de LIBROS de TEXTO para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

PRAZO PARA RECOLLIDA DE LIBROS E CHEQUES (Incluidos cheques para 1º e 2º Educación Primaria)

O prazo para recoller os libros e cheques que lle sexan adxudicados será do Martes 2 de Xullo ao Venres 5 de Xullo en horario de 10:00 a 13:30 horas, agás 6º de Educación Primaria, que deberán recollelos en Setembro por mor das novas adquisicións, as cales non estarán dispoñibles ata dito mes.

 

No caso de NON poder pasar a recoller os libros e cheques no prazo e/ou horario marcado, o pai ou nai do alumno/a poderá autorizar por escrito a quen considerre oportuno para a recollida dos libros e cheques, cubrindo o modelo que se anexa a esta nota informativa.

 

En previsión de que algún titor/a de 1º, 3º ou 4º de Educación Primaria decida non empregar libros de texto, dende o centro recoméndase agardar ata setembro para mercalos.

 

ARQUIVOS ADXUNTOS:

- Listaxe definitiva Fondo Solidario Libros de Texto

- Modelo autorización para recollida cheques e/ou libros de texto

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS EDUCACIÓN PRIMARIA

Publicado no taboleiro do centro a listaxe provisional de admitidos no fondolibros de educación primaria.

Prazo para presentar reclamacións ata o xoves 27 xuño.

Prevista a publicación definitiva o venres 28 xuño.

No arquivo adxunto pódese descargar a listaxe provisional.

 

CORRECCIÓN ERROS INSTRUCIÓN 2/2019 COMEDORES XESTIÓN DIRECTA

Advertidos erros materiais na Instrucción 2/2019 do 6 Xuño, procédese a súa corrección.

No aquivo adxunto procédese a súa corrección detallada

Distribuir contido


by Dr. Radut