Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

SERVIZO DE IMPRESIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CONCELLO DE OUTES

 

O Concello de Outes vén de poñer en marcha un servizo de impresión de material escolar para aquelas familias que o precisen.

Para acceder a este servizo as familias interesadas deberán poñerse en contacto co Concello a través do mail tarefas.outes@gmail.com ou a través do teléfono 981-850-003 en horario de 09:00 a 14:00 h indicando as tarefas a imprimir, dirección de envío e un teléfono de contacto.

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA POR COVID-19

Publicado no DOG do luns 30 de marzo de 2020 a ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemetno ED601B).

 

Dous arquivos adxuntos:

- Orde do 27 de marzo de 2020

- Información para tramitación da petición da axuda

AbalarMóbil - GUIA PDF PARA DESCARGA DA APLICACIÓN

 

AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil.

 

Vistas as instrucións recibidas dende a inspección educativa, informámosvos de que o 2 de abril serán publicadas as cualificacións do alumnado correspondentes á segunda avalicación a través da aplicación "AbalarMóbil". Para acceder ás mesmas deberedes ter descargada nos vosos teléfonos móbiles dita aplicación da Xunta de Galicia.

No arquivo adxunto podedes acceder a unha guia para dita instalación. Se tendes algún problema para instalala podedes chamar ao teléfono: 881-997-701.

Se algunha familia non pode acceder deste xeito, que se poña en contacto co/a titor/a por correo electrónico ou chame ao tleéfono do centro de 10:00 a 13:00 h.

APLAUSO A TODOS OS NENOS E NENAS

CUALIFICACIÓNS 2º AVALIACIÓN

Estimadas familias:

 

Vistas as instrucións recibidas dende a inspección educativa, informámosvos de que o 2 de abril serán publicadas as cualificacións do alumnado correspondentes á segunda avaliación. Para poder acceder ás mesmas deberedes ter descargada nos vosos teléfonos móbiles a aplicación "AbalarMóbil" da Xunta de Galicia, pois ese será o medio no que se vos transmitirán. Se tedes algún problema para instalala, podedes chamar ao teléfono: 881-997-701.

Se algunha familia non pode acceder deste xeito, que se poña en contacto co/a titor/a por correo electrónico ou chame ao teléfono do centro entre as 10:00 e as 14:00 h (881-866-840).

 

Un saúdo.

 

A Dirección

SEGUIMENTO PROCESO ENSINO-APRENDIZAXE

 

ESTIMADAS FAMILIAS,

PRIMEIRAMENTE, DENDE O CLAUSTRO E EQUIPO DIRECTIVO DO CEIP DE OUTES QUEREMOS MANDARVOS MOITO ÁNIMO NESTES DIFÍCILES DÍAS QUE ESTAMOS A ATRAVESAR. QUE O ÁNIMO NON DECAIA, ¡SAIREMOS ADIANTE!

EN SEGUNDO LUGAR, GUSTARÍANOS PEDIRVOS A TODAS AS FAMILIAS QUE NOS VINDEIROS DÍAS VOS PUXÉSEDES EN CONTACTO COS TITORES E TITORAS DOS VOSOS FILLOS/AS EMPREGANDO OS SEGUINTES ENDEREZOS ELECTRÓNICOS QUE VOS RECORDAMOS A CONTINUACIÓN.

 

3anosoutes@gmail.com

4anosaoutes@gmail.com

4anosboutes@gmail.com

5anosaoutes@gmail.com

5anosboutes@gmail.com

primeirooutes@gmail.com

segundoaoutes@gmail.com

segundoboutes@gmail.com

terceirooutes@gmail.com

cuartoaoutes@gmail.com

cuartoboutes@gmail.com

quintooutes@gmail.com

sextoaoutes@gmail.com

sextoboutes@gmail.com

musicaoutes@gmail.com

educacionfisicaoutes@gmail.com

inglesoutes@gmail.com

artsoutes@gmail.com

departamentoorientacionoutes@gmail.com

relixionoutes@gmail.com

 

NESE CORREO ELECTRÓNICO GUSTARÍANOS QUE COMPARTÍSEDES COS TITORES/AS COMO LEVADES ESTE PROCESO DE APRENDIZAXE A DISTANCIA, DIFICULTADES QUE IDES ATOPANDO, MELLORAS OU CAMBIOS QUE PRECISEDES E TODO AQUILO QUE QUEIRADES COMENTARNOS. GUSTARÍANOS SABER ADEMAIS SE OS BLOGUES EDUCATIVOS CREADOS POLO PROFESORADO VOS ESTÁN SENDO DE UTILIDADE, FÁCIL MANEXO OU O QUE CONSIDEREDES OPORTUNO COMUNICARNOS.

POR ÚLTIMO, PEDIRVOS QUE SE COÑECEDES A ALGUÉN QUE NON FAGA USO DESTA PÁXINA WEB POLO MOTIVO QUE SEXA, LLE TRANSMITADES ESTA MENSAXE E LLE FAGADES CHEGAR A NOSA PETICIÓN DE QUE CONTACTEN COS TITORES E TITORAS.

 

MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

UN SAÚDO, 

E UN AGARIMOSO DESEXO...TODO IRÁ BEN!

A DIRECCIÓN E O CLAUSTRO DO CEIP DE OUTES

 

 

NOVAS INSTRUCIÓNS EN RELACIÓN CO COVID-19

O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO DENDE O LUNS DÍA 16 DE MARZO

- As instalacións do centro permanecerán pechadas, non podendo acceder ninguén ás mesmas agás persoal docente e persoas autorizadas.

- A atención telefónica será no horario de 10:00 h a 14:00 h (881-866-840)

 

PROCESO DE ADMISIÓN

- Ampliase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

INSTRUCIÓN RESPECTO DA ATENCIÓN DO ALUMNADO

- Debido á suspensión da actividade académica nos centros educativos por mor do COVID-19 , envíase dende esta plataforma actividades que o alumnado pode realizar nas súas casa durante o tempo que dure dita suspensión. Na marxe dereita teñen as titorías e especialidades para poder acceder a elas.

- Deixamos a vosa disposición os correos electrónicos das diferentes titorías así como das especialidades para poder comunicarnos ante calquera dúbida referida á titorización ou atención do alumnado. Da mesma maneira, e co obxectivo de poder facilitar calqueira consulta créase un correo do Departamento de Orientación.

3anosoutes@gmail.com
4anosaoutes@gmail.com
4anosboutes@gmail.com
5anosaoutes@gmail.com
5anosboutes@gmail.com
primeirooutes@gmail.com
segundoaoutes@gmail.com
segundoboutes@gmail.com
terceirooutes@gmail.com
cuartoaoutes@gmail.com
cuartoboutes@gmail.com
quintoaoutes@gmail.com
quintoboutes@gmail.com
sextoaoutes@gmail.com
sextoboutes@gmail.com
musicaoutes@gmail.com
educacionfisicaoutes@gmail.com
inglesoutes@gmail.com
artsoutes@gmail.com
departamentoorientacionoutes@gmail.com
relixionoutes@gmail.com
 

A DIRECCIÓN

 

NOTA INFORMATIVA EN RELACIÓN ÁS MEDIDAS ADOPTADAS DEBIDO AO COVID-19

Segundo a información rebida da Consellería de Educación, no día de onte 12 de marzo ás 21:30 h,

INFORMO:

Supensión das clases, servizo madrugadores, transporte escolar e actividades extraescolares, durante 14 días naturais dende o día 16 de marzo de 2020.

 

Estamos á espera de novas instrucións. Os cambios que se produzan comunicaranse a través da páxina web.

 

Un saúdo,

A dirección

ADMISIÓN ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN PARA O CURSO 2020/2021

O prazo para presentacións das solicitudes de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro, abranguerá dende o día 1 ao 23 marzo, ambos inclusive, de 2020 (o 19 e 20 de marzo o centro permanecerá pechado).

 

O luns 2 de marzo de 2020 ás 17:00 h, as familias que así o desexen poden facer unha visita ao centro para coñecer as súas instalacións e funcionamento.

 

Acheganse dous documentos adxuntos:

- Circular informativa

- Modelo solicitude (Anexo II - Procedemento ED550B)

 

PROCESO XORNADA ÚNICA - RESULTADOS VOTACIÓN

No día de hoxe luns 17 de febreiro 2020, tivo lugar no CEIP PLURILINGÜE OUTES a votación do sector pais/nais/ou titores/as legais do alumnado, de acordo co procedemento establecido no punto V da orde do 29 de maio de 2008, polo que se establece o procedemento para implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta.

Acadáronse os seguintes resultados:

- Censo de nais/pais ou titores/as legais: 210

- Votos emitidos:165

- Votos a favor da xornada única: 75

- Votos en contra da xornada única: 84

- Votos nulos: 5

- Votos en branco: 1

 

Distribuir contido


by Dr. Radut