ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/ 22 (código de procedemento ED330B).
- PRAZO DE SOLICITUDE: 21/5/2021 ao 22/6/2021
- FORMULARIO: ED330B
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros.
Estas pódense cubrir na propia aplicación, imprimila, asinala e finalmente entregala no centro.
Se tes a Chave 365, podes cursar a petición electrónicamente. A propia aplicación informe ao centro da presentación.
Aplicación Fondo Libros
o https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
Sede Electrónica da Xunta de Galicia:
o https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
* Para presentar a solicitude na sede electrónica é preciso o DNI electrónico ou certificado dixital.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Solicitar cita previa no teléfono 881 866 840
O alumnado de 6° EP que remata etapa educativa e vai para o IES, debe solicitar esta axuda no seu novo centro.