O pasado mes de novembro o Consello Escolar votou a favor de iniciar o proceso para tramitar a votación de xornada única. O centro tramitou a solicitude e vimos de recibir de Xefatura Territorial o informe de viabilidade do transporte escolar que o nos permite continuar adiante co proceso.
Iniciamos pois, tal e como indica a lexislación, un periodo de información onde o centro ten a obriga de trasladar e explicar á Comunidade Educativa os cambios que se van producir no caso de cambio de xornada.
Estas reunións que imos facer por aulas para evitar aglomeracións celebraranse desde o día 14 ata o día 22 de marzo. No seguinte cadro podedes ver a data que lle corresponde ao voso grupo.
É fundamental que participedes do proceso e manifestedes a vosa preferencia o día da votación o 27 de ABRIL Para poder tomar unha decisión e votar informadas é importante asistir ás reunións e poder obter información fiable para poder decidir sobre a educación das vosas fillas e fillos.
DECIDE INFORMADA