Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

O CLUB DE LECTURA

Os clubs de lectura comezan a funcionar cos primeiros contos e as primeiras actividades. Paseniño, paseniño imos poñendo a andar esta nova actividade.

Nenos e nenas lendo contos na biblioteca no club de lectura

Círculo de nenos e nenas reunidos para comezar co club de lectura

Nenas lendo un conto coa mascota da biblioteca.

Nenos e nenas facendo traballos plásticos en grupos na biblioteca

 

 

DÍA DA MULLER

O domingo 8 de marzo celebrouse o Día da Muller. Dende o equipo da biblioteca animámosvos a que veñades ler os libros que están na mesa da entrada e que teñen como protagonistas ás mulleres. Algúns deles sonaranvos pois alí atoparedes a "Arturo e Clementina" de Adela Turín. Este é o libro orixinal que lle escoitástedes contar á contacontos do venres na Casa da Cultura.

Carátulas de cuentos relacionados con mujeres de la escritora Adela Turín

Carátula del cuento de Barbaazul y exposición de libros en la biblioteca relacionados con las mujeres

Dende a biblioteca aquí vos deixamos o conto de Rosa Caramelo que non coñeceredes pero que de seguro vos gustará moito!

E ti que prefires? Ser rosa ou gris?

Así mesmo tamén nos gustaría mostrarvos unha fermosa cantiga de Guadi Galego titulada MATRIARCAS e que fala, precisamente, da importancia das mulleres galegas e a súa labor na vida cotiá.

A SAISA esta cantiga recórdalle ás bonecas que viu cando visitou Rusia. Chamábanse ata parecido: MATRIOSHKAS Se queredes saber que son e que simbolizan estas peculiares bonecas picade AQUÍ.

En Galicia o pintor galego LEANDRO LAMAS, fixo un cadro moi bonito representando ás mulleres galegas de diferentes xeracións como MATRIARCAS OU MATRIOSKAS. Se picades no cuadro accederedes ao blog deste pintor e saberedes máis cousas sobre el.

 

Feliz DÍA DA MULLER!

ENTROIDO 2015: BIBLIOVIAXAMOS CON SAISA!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do guapos e guapas que nos puxemos no Entroido na nosa especial "volta ao mundo".

ENTROIDO 2015 from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

GRUPOS DO CLUB DE LECTURA

Aquí vos deixamos a relación de persoas e días que vos toca vir á biblioteca para comezar a andadura dos clubs de lectura do noso cole. Non vos esquezades de vir!

GRUPOS

MEMBROS

LECTORES/AS

DÍA

Grupo 1

1º A: Leire e Antía. 1º B: Sheila. : Jacobo, Xiana e Zaira. 3ºA: Ángela. 3ºB: Adrián e Lucía. 4º: Nerea, Carla e Gabriel V.

 

6º: Mónica, Uxía,

Claudia e Érika.

Luns.

Grupo 2

1ºA: Pedro e Manel. 1º B: María Molinos.

2º: Gabriel, Saúl e Sergio. 3ºA: Laura R. e María E. 3ºB: Yanira e Paula. 4º: Adrián N e Aarón.

5º: Sofía, María S, Iriam Sabih, Rosa , Lena e María C.

Martes.

Grupo 3

1ºA: Sabela e Iria. 1º B: Lorena.

2º: Iván, Marta e Noa. 3ºA: Jimena e Alicia, 3ºB: Andrea e Ximena. 4º: Lucia, Manuel e Eloy,

6º: Nuria, Saray, Gustavo e Carmen.

Mércores.

Grupo 4

1ºA: Marta, Brais e Hugo. 1ºB: Mateo.2º: Iago e Mariña. 3º A: Alicia e Laura C.

3ºB: Rubén. : Eloy, Carlos, Karol e Álvaro.

5º: Marcos, Unai, óscar, Diego, Sergio, Anxo, Pablo, Fabián e Carlos

Xoves.

Grupo 5

1ºA: Marcos, Alex e Iván.

1ºB: Alba. 2º: Cristian e Eloy. 3º A: Claudia.

3ºB: Hugo.4º: Brais, Paula, Lúa e Natasha.

6º: Aarón, Adrián, Fran. Carla e Elena.

Venres.

UN DÍA COMA HOXE NACE ROSALÍA DE CASTRO...

O 24 de Febreiro de 1837 nacía en Padrón Rosalía de Castro. unha das máis importantes poetisas galegas de todos os tempos. Ata Google lle adica o seu doodle hoxe!

 

Dende o equipo da biblioteca do noso cole querémosvos recomendar que miredes esta presentación feita polos compañeiros e compañeiras do Equipo de Dinamización Lingüística e da Biblioteca do CEIP da Pobra do Caramiñal "Pilar Maestú Sierra".

Disfrutade da nosa literatura cos fermosos versos de Rosalía!

 

 

E para os máis pequenos aquí vos deixamos a cantiga 'Rosalía pequeniña' o título libro-disco de Uxía na Editorial Galaxia (colección Sonárbore, 2013), ilustrado por Marina Seoane.

 

COMEZA O CLUB DE LECTURA!

Club de lectura.

Dende o equipo de biblioteca, animámosvos a participar nunha nova actividade: “Club de lectura”.

Os clubes de lectura son espazos para compartir a experiencia de somerxerse nas historias que nos ofrecen os libros. Para este, en particular, imos gozar daquelas historias que teñan lugar en moitas partes do mundo.

Senón queredes perder estas aventuras, xa sabedes, onde atoparnos e cando: na biblioteca escolar nos recreos de luns a venres.

 

E para que vaiades vendo de que se trata, aquí tedes un adianto dos contos que se van contar. A gozar!

RECORDADE QUE A PRIMEIRA REUNIÓN PARA ORGANIZARNOS É MAÑÁ DÍA 24 NA HORA DO RECREO.

 

PARA VER ESTE DOCUMENTO A PANTALLA COMPLETA PICADE NEL.

MANDADIÑOS DO MECO

O noso particular Meco estívonos mandando recados esta semana, así de guapo quedou. Mañá xa é o gran día! Estades preparados? A entroidar!

Imaxe do noso Meco (un oso de peluche) e os mandadiñosCarteis dos mandadiños do Meco, o martes garavata, o mércores lazos nos pés e o xoves luvasMeco (oso de peluxe) disfrazado.

 

TALLER DE BANDEIRAS PARA EI

Seguindo co proxecto multicultural da biblioteca "Saisa e as súas biblioviaxes" aquí vos deixamos unhas imaxes do taller de bandeiras que realizamos cos máis pequenos do cole.

A actividade consistiu en colorear as bandeiras segundo un modelo e facer puzzles colaborativos coas propias bandeiras.

Nenos e nenas coloreando bandeiras de diferentes países e facendo puzzles con elas.

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Aquí vos deixamos uns vídeos que mostran as actividades que realizamos ao longo do día 30 de Xaneiro.

 

Día da Paz from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

  

DIA DA PAZ from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

Distribuir contido


by Dr. Radut