Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

CURTAS NO RECREO

Un martes máis vimos unha curta e reflexionamos sobre ela. Desta vez tocoulle o turno ao 12 de Outubro e a súa celebración. Aquí vos deixamos un momento de intervención no coloquio.

Nena expoñendo a súa opinión sobre a celebración do 12 de outubro diante dos seus compañeiros

 

MÉRCORES DE CONTACONTOS

A partir do mércores que ven (21 de Outubro) temos contacontos no recreo. Os expertos narradores serán os nenos e nenas que se presentaron voluntarios de 4º, 5º e 6º de EP. Animádevos a vir a escoitalos, seguro que vos han de gustar as súas escollas! 

Dende a biblio preparamos estes pequenos consellos para que as vosas lecturas sexan un éxito.

Na porta da biblio a partir de mañá poderedes consultar quen conta o conto e que conto conta. 

Benvidos e benvidas á nova tempada de campo a través.

Os profesores e profesoras, que elaboramos e levaremos a cabo o poxecto “Xogade e o campo a través no C.E.I.P. Plurilingüe da Serra de Outes” ao longo do curso, queremos darlles a benvida a todos os nenos e nenas de 2º a 6º de E. Primaria, que se animaron a formar parte deste proxecto.

Evidentemente, sen vós non tería sentido nen sería posible, posto que se fixo, precisamente, pensando en darlle ao alumnado do noso centro a oportunidade e a posibilidade de adestrar e competir na modalidade de campo a través, pois doutro modo non poderías facelo. Ademais, ao mesmo tempo, preténdese que estes rapaces e rapazas vaian adquirindo uns hábitos de vida saudables, cada vez máis necesarios, ao contar a sociedade actual, en xeral, cuns hábitos de vida bastante sedentarios e pouco saudables.

Por suposto, tamén animamos a todas aquelas persoas (familiares e amizades do noso alumnado), que de forma desinteresada e altruista nos acompañaron, apoiaron e axudaron en diversas xornadas da pasada tempada, a que o sigan facendo, na medida das súas posibilidades, claro está.

A primeira xornada de competición, desta tempada, terá lugar o vindeiro 20 de novembro, venres, a non ser que haxa algunha modificación por parte da organización. De ser así, xa se vos informaría.

Moitas grazas a todos e todas por querer formar parte deste proxecto!!!.

 

Seguiremos en contacto...

MARTES DE CURTAS

Aquí tedes os primeiros comentarios aos vídeos expostos este martes na sala de audivisuais dentro do ciclo MARTES DE CURTAS NA BIBLIOTECA. Moitas grazas a todos e todas por vir! Esperamos que o pasárades ben! Recordade que o martes que ven haberá máis!

A temática das curtas escollidas iba sobre os Dereitos dos Animais (celébrase o 4 de outubro),  o coidado do medio ambiente e a sobrexplotación dos recursos naturais. Estas foron algunhas da reaccións.

Neno dicindo  non ao maltrato animal

Nenas de sexto decindo que os animais valen moito

CURTAS NOS RECREOS

Dende o Equipo da Biblioteca propoñémosvos que veñades no RECREO DOS MARTES na SALA DE AUDIOVISUAIS (en frente da biblio) a ver e charlas sobre pequenas curtas. Aquí vos deixamos a nosa selección para os meses de outubro e novembro. Esperamos que vos gusten! En breve teremos máis preparadas. 

SAISA DAVOS A BENVIDA!

MENSAXE DE SAISA.

Pica no triángula para escoitala!

Benvidos ao novo curso 2915-2016! No equipo da biblioteca estamos ultimando detalles para poidades levar a partir de outubro os vosos libros preferidos en préstamos, dando de baixa novos usuarios, de alta aos recén chegados, catalogando, preparando actividades...

Sen embargo, estes días chamounos a atención unha nova que falaba da baixa comprensión lectora en España nos adultos segundo a OCDE. Así que xa que estamos no inicio do curso e rodeados de libros, decidimos reflexionar un pouco sobre este tema e elaborar unhas sinxelas pautas para mellorar este proceso tan importante para a nosa vida diaria. Ao fin e ao cabo... lemos todo o día aínda que non queiramos! Antes de nada ímosvos deixar unha imaxe para reflexionar sobre o que é e non é a comprensión lectora. Que vos parece?

Texto escrito sen sentido onde se teñen que localizar so datos e non acceder ao significado. Ponse para reflexionar se o que traballamos diariamente na escola é a comprensión lectora real.

 

BIBLIOVIAXAMOS CON SAISA NO FESTIVAL DE FIN DE CURSO!

Aquí vos deixamos os vídeos do festival de fin de curso. Fixéstedelo realmente ben! Grazas a todos os titores e especialistas, a Álex, aos nenos e nenas do cole e as familias pola súa implicación, sen todos vos isto non sería posible! 

Equipo da Biblioteca

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA

A profe Susana animouse a subir as fotos e poñer uns comentarios sobre a vosa actuación no campo a través. Visitade o seu rinconciño de educación física picando na seguinte imaxe ou na barra lateral dereita onde pon DEPARTAMENTOS, EDUCACIÓN FÍSICA.

Nenos e nenas facendo campo a través.

CHARLA RAMÓN CARIDE

Nenos e nenas de 3º e 4º escoitando a Ramón Caride sentados no chan da biblioteca do centro

PINTORES EN ARTS

Os nenos e nenas das clase de 1º e 3º están recreando a pintores famosos como Kandinski ou Van Gogh. Aquí vos deixamos algunhas das obras dos nosos pequenos artistas!

Collage de fotos de obras pictóricas feitas a partir da obra de Kandinski con cículos concéntricos de cores

Recreación de cadros feitos polos nenos e nenas de primeiro e terceiro dos xirasois de Van Gohg

Distribuir contido


by Dr. Radut