Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

Penpals!

Os alumnos de 4ºA estamos mellorando as nosas destrezas linguísticas en Inglés. Para iso estamos mantendo un contacto moi enriquecedor cun colexio de Verona en EEUU que se chama Sugar Creek Primary School. O primeiro que fixemos foi escribir unhas cartas aos nosos penpals (amigos por correspondencia) e eles nos enviaron tamén as súas. 

 

Desta vez decidimos gravar uns vídeos presentándonos para que nos coñezcan un pouco máis e este foi o resultado!

 

 

ZOOM OUTES

Dossier resultante do proxecto de investigación sobre Outes e a súa localización realizado polos nenos e nenas de 3º de EP coa axuda de Anabel (mestra en prácticas), Adela (mestra de PROA) e Marta (mestra de PT). Esperamos que vos guste e que aprendades tanto ou máis que nós! Se queredes podedes velo en frente da bibllioteca na exposición de libros sobre o noso Concello.

 

 

 

NO DÍA DE ROSALÍA... ARTE E POESÍA!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos traballos realizados polo día de Rosalía na clase de 3º. Se queredes ver máis mirade no noso blog de A CLASE DOS LISTOS.

 

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Dende o Equipo da Biblioteca animámosvos a que veñades a coñecer as novidades que compramos este ano para vós e que se atopan nas estanterías da sala de literatura. Saisa está encantada, ten novos contos e libros de consulta.

Aínda nos queda moito por catalogar pero grazas aos colaboradores e aos ordenadores novos cada vez imos máis rápido. Moitas grazas chicos e chicas pola vosa axuda! Estades feitos uns verdadeiros bibliotecarios! 

DÍA DA MULLER

8 DE MARZO "DÍA DA MULLER"

Dende a Biblioteca escolar animámosvos a que veñades buscar os libros sobre mulleres que temos en exposición. Xa veredes como vos gustan! Son contos con historias e finais diferentes, moitos deles da escritora Adela Turín, unha experta en crear libros con esta temática e autora do famoso conto "Rosa Caramelo" no que a protagonista é unha elefanta á que non lle gusta comer flores. 

Carátulas de fotos de contos para o día da muller

Igualmente tamén nos gustaría recomendar a nova película de Disney "ZOOTROPOLIS" por tratar temas relacionados coa igualdade de xénero. Este tipo de films fainos pensar en como cambiaron os cánones de princesas dende "Cincenta" ou "A Bella e a Bestia" ata esta pequena protagonista que acaba de ingresar nunha academia de policía.

 Por último deixámosvos o spot publicitario de Espacio Coruña protagonizado por mulleres galegas por se o queredes analizar. 

 

Moitas grazas pola vosa atención!

Esperámosvos na Biblio!

 

TEATRO EN INFANTIL

David e María de 6º de EP escribiron unha pequena obra de teatro que representaron para os nenos e nenas de Educación Infantil.

EXCURSIÓN ESCOLA GALEGA DE CONSUMO 5º E 6º

CICLO DA AUGA EN 2º

Distribuir contido


by Dr. Radut