Publicado no taboeiro do centro a listaxe definitiva do FONDO SOLIDADRIO de LIBROS de TEXTO para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
PRAZO PARA RECOLLIDA DE LIBROS E CHEQUES (Incluidos cheques para 1º e 2º Educación Primaria)
O prazo para recoller os libros e cheques que lle sexan adxudicados será do Martes 2 de Xullo ao Venres 5 de Xullo en horario de 10:00 a 13:30 horas, agás 6º de Educación Primaria, que deberán recollelos en Setembro por mor das novas adquisicións, as cales non estarán dispoñibles ata dito mes.
No caso de NON poder pasar a recoller os libros e cheques no prazo e/ou horario marcado, o pai ou nai do alumno/a poderá autorizar por escrito a quen considerre oportuno para a recollida dos libros e cheques, cubrindo o modelo que se anexa a esta nota informativa.
En previsión de que algún titor/a de 1º, 3º ou 4º de Educación Primaria decida non empregar libros de texto, dende o centro recoméndase agardar ata setembro para mercalos.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
- Listaxe definitiva Fondo Solidario Libros de Texto
- Modelo autorización para recollida cheques e/ou libros de texto