Skip to Content

HORARIO EXTRAORDINARIO DÍA 1 DE OUTUBRO

Acabamos de recibir instrucións por parte de Inspección Educativa indicando que o horario lectivo do centro para mañá 1 de outubro é de 9:50 a 14:50 (o mesmo que o que tivemos este mes). 

 

Tómase esta decisión en espera da aprobación definitiva da solicitude presentada, si procede, por parte da Xefatura Territorial. 

 

Os autobuses por tanto, recollerán ao alumnado das paradas e sairán co mesmo horario co que vimos funcionando en setembro. É dicir, a saída dos autobuses dende o centro e ás 16:00.

 

Desde o centro somos conscientes das dificultades que algunhas familias podedes ter, polo prematuro da decisión. 

 

Polo que para mañá, habilitaremos a posibilidade de atender aqueles casos debidamente xustificados co horario laboral porque temos que manter os grupos de convivencia e son limitados os recursos dos que dispoñemos. 

 

Se botades man desta medida deberedes recoller ao alumnado no centro como máximo ata as 5 da tarde. 

 

Por este motivo é tamén importante, que de ser o caso, vos poñades en contacto canto antes co centro a través do correo electrónico (ceip.outes@edu.xunta.es), expoñendo e xustificando a vosa necesidade para o día de mañá.  



page | by Dr. Radut