Skip to Content

BENVIDA AO NOVO CURSO

 

Benvidas e benvidos a tod@s a este novo curso.

Como equipo docente queremos darvos a benvida a este curso 2020/21, que sabemos vai estar cheo de incertezas, pero no que vimos con forza e ganas de afrontalo da mellor maneira posible e sempre co benestar das nenas e nenos como prioridade. 

Un curso que iniciamos tamén coa seguridade de que a vosa colaboración e o entendemento entre todas as persoas que formamos parte desta comunidade educativa vai ser máis necesario que nunca.

Levamos semanas traballando nos protocolos, na adaptación do centro á nova situación, e reuníndonos con diferentes sectores da comunidade educativa (ANPA, Concello, transporte...). 

Onte ás 6 da tarde saíron as novas instruccións por parte da Consellería de Educación despois da Conferencia Sectorial de Educación do 27 de agosto. Polo que hai aspectos aínda por pechar dependentes do que se derive desta nova adaptación do Protocolo da Consellería.

En canto poidamos iremos ofrecendo información a través das canles de comunicación que se empregarán. De momento en funcionamento "Páxina Web" e "Abalar Móbil", das que vos pedimos que esteades pendentes.

Recibide un agarimoso saúdo e informaremos de novas en breve.



page | by Dr. Radut