O CEIP Plurilingüe de Outes atópase situado á beira do Río Tines, na capital do Concello, na rúa Praza de Galicia. Acoden ao Centro nenos/as da Serra e das parroquias de San Tirso de Cando, Santa María de Entíns, San Xoán de Sabardes, San Lourenzo de Matasueiro, San Pedro de Outes, San Xoán de Roo, San Cosme de Outeiro, Santo Ourente de Entíns, San Xián de Tarás e San Miguel de Valadares, así como dos lugares de Couso (Negreira) e Fontemourente (Mazaricos). O centro adscríbese ao IES Poeta Añón situado tamén na mesma localidade.
O Concello de Outes radica no fondo da Ría de Muros e Noia e ten unha extensión duns 100 Km2, e unha poboación de 6.282 habitantes (IGE, 2019). O desenvolvemento económico do concello baséase na agricultura, gandería, pesca e marisqueo, así como no comercio e na industria madeireira.