Skip to Content

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-2021

Publicada a relación de libros de texto para o curso 2020/2021 no taboleiro do centro. No arquivo adxunto a esta información pódese descargar a citada relación.

En previsión de que algún titor/a decida NON empregar libros de texto, dende o centro recoméndase agardar ata setembro para mercalos.

A partir do curso 2020-2021 o centro participará no proxecto de Educación Dixital E-DIXGAL, motivo polo cal o alumnado de 5º Educación Primaria non fará uso dos libros de texto en formato papel, senón que se empregarán ordenadores facilitados pola Consellería a todo o alumnado deste nivel, nos cales están integrados os libros de texto en formato dixital. O alumnado de 5º Educación Primaria no curso 2020/2021 está excluido da participación do fondo solidario de libros texto, non obstante terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

AdxuntoTamaño
2020-06-16 Relación libros de texto para o curso 2020-2021.pdf1.11 MB


event | by Dr. Radut