Skip to Content

Xornadas interxeracionais no Centro de Día municipal

No presente curso, dende os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Acividades Complementarias e Extraescolares falamos co claustro para ver se había compañeiros/as interesados/as en levar a cabo actividades de diversa índole co alumnado e os/as usuarios/as do Centro de Día.

Logo, falamos coa directora e tamén coa traballadora social do Centro de Día para ver cal sería o horario máis axeitado e acordar as datas nas que realizar as xornadas interxeracionais entre alumnado, profesorado, usuarios/as e persoal laboral do Centro de Día.

Así, o luns (2 de decembro) levouse a cabo a primeira das xornadas co alumnado e a titora de 5ºB de EP e o mércores (4 de decembro) co grupo A do mesmo nivel e etapa educativa. Mantiveron agradables conversas, escoitaron experiencias laborais dalgúns/has dos/as usuarios/as (comprobando como algúns/has traballaran noutros paises: EE:UU, Reino Unido, Suiza, por exemplo) e tamén levaron a cabo xogos de mesa coma o dominó e as cartas... Pero, o fundamental a destacar foi a ledicia duns/has e outros/as ao compartir cada xornada.

Uns días máis tarde, sería o alumnado de 3º e 4º de EP e os seus titor/as  quen visitarían aos/ás usuarios/as do Centro de Día para representarlles unhas pezas teatrais, trala súa participación no obradoiro ofertado polo  titulado "Creación cultural arredor da nosa fauna" e finalmente degustaren xuntos uns zumes e galletas.

Logo, o mércores (18 de decembro) tivo lugar outra xornada de convivencia interxeracional entre os/as maiores e o alumnado de 5º de EI coas súas titoras. 

Ao día seguinte (19 de decembro), tocoulles aos nenos e nenas de 6ºA de EP co profesor de Música e a profesora de EF. Unha vez alí, tocaron unha muiñeira, o profe de Música coa gaita, acompañado dunha alumna co tambor e doutra coa pandeireta, mentras o resto do alumnado bailaba dita muiñeira para deleite dos/as presentes. Despois, mestre/a e alumnos/as cantaron unhas panxoliñas acompañados/as por algunhas das persoas do Centro e para rematar realizaron tres estacións de xogos de precisión e coordinación: bólos, diana e aros en picas. 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xa ao regreso das vacacións de Nadal, o 14 de febreiro (martes) o alumnado de 6º B, o profesor de E Musical e a profesora de E F realizaromos outra visita ao Centro de Día para levar a cabo unha nova xornada de convivencia interxeracional.

Nesta ocasión, os nenos e nenas tamén bailaron unha muiñeira e varias alumnas tocaron as pandeiretas e cantaron varios temas do repertorio tradicional galego. Ademais, un dos nenos tocou o tambor.

Logo, das actuacións musicais, chegarían as actividades máis relacionadas coa EF. Deste xeito, algúns dos alumnos e alumnas levaron á práctica tres estacións de xogo: bólos, aros e diana con varios/as dos/as usuarios/as do Centro. Evidentemente, non todos/as puideron participardebido ao seu estado de sáude físico e/ou psíquico, aínda que varias persoas fixérono de maneira moi activadeixando marabillado ao alumnado pola súa precisión,  habilidades e destrezas...

Estivemos no Centro de Día unha hora e despois regresamos ao colexio encantados/as de compartir un anaquiño da mañá con aquelas persoas e, sobre todo, de lograr un sorriso nas súas facianas... 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut