Skip to Content

Tarde de Magosto nos patios do colexio

Hoxe, 13 de novembro, grazas á tregua que nos deu o tempo, puidemos celebrar o Magosto.

Así, nenos/as, profesores/as, e a coidadora realizamos diversas tarefas e xogos, tanto tradicionais, coma outros con material alternativo, namentras Álex (o noso conserxe) e Emilio (o noso xefe de estudos) asaban as castañas.

Deste xeito, leváronse á práctica xogos con paracaídas, con chanclas, aínda que tamén se xogou ao brilé, ao pano, ao pasemisí-pasemisá, á corda e, como non podía ser doutro xeito, tamén se fixeron bailar os trompos... Non esquezamos o refrán "Polo San Martiño, trompos ao camiño"...

Por suposto, contamos con música tradicional... Pero, en vivo e en directo..., pois Insua (o profe de música), un grupo de amigos e varios/as alumnos/as do cole tocaron diversas pezas do folklore tradicional galego. MOITAS GRAZAS A TODOS/AS !!!.

Logo, a iso das 16:15h, degustáronse as saborosas castañas, acompañadas de zumes para seguir brincando deica ás 16:50h aproximadamente, que se subiu ás aulas para coller as mochilas e cazadoras para regresar aos fogares.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut