Na semana do 12 ao 16 de novembro celebramos a Semana dos trompos, como vimos facendo dende hai xa uns cantos anos por aquelo de :"Polo San Martiño trompos ao camiño".
Deste xeito, tanto nos recreos da mañá coma no de despois de xantar e nas sesións de E.Física trátase de: motivar, ensinar e axudar a nenos e nenas para que fagan bailar o maior número posible de trompos.
De todos modos, dende a área de E. Física procúrase traballar cos trompos e bailaretes ou trompos sen cordel todo o mes e incluso noutros momentos do curso coma nas xornadas de xogos populares, etc. Aínda que, evidentemente, os rapaces e rapazas poden facelos bailar sempre e cando lles apeteza sexa a época do ano que sexa.