O martes, 13 de novembro, pola mañá o alumnado de 2º de E.P, o seu titor e unha profesora do centro visitaron o Centro Ocupacional de Valadares. Saíron do cole sobre as 10:30h e unha vez alí, elaboraron obxectos de mimbre e barro coa axuda de monitores/as e usuarios/as de dito centro. Deste xeito, os nosos/as alumnos/as e profesor/a tiveron unha toma de contacto coa cestaría e a olaría.
A xornada transcorreu de forma correcta e a iso das 13:15h retornaron ao centro encantados/as cos obxectos de mimbre, previamente elaborados.