Skip to Content

NO DÍA DE ROSALÍA: ARTE E POESÍA.

No día de Rosalía, o 24 de Febreiro, estivemos traballando nos seus poemas. 

Primeiro leímolos entre todos e estivemos razonando e debatindo o que podían significar. Estas son algunhas das conclusións ás que chegamos e a nosa organización da clase. 

GRUPOS: 

Eloy e Noa: Poema de Curros Enríquez a Rosalía.

Javi, Héctor e Óscar: “Airiños, airiños, aires”

Mario, Zaira, Cristian e Sergio: “Viaxe polo aire”

Adrián, Alicia, Antía e Jacobo: “Vamos bebendo!”

Alberto e Marta: “Canto a Galicia”

Xiana, Marinha e Iván: “Sin niño”

Gabriel, Saúl e Iago: “Vente rapasa”.

 

DE QUE TRATAN OS POEMAS?

- Lectura silenciosa. Primeiro lemos individualmente e tratamos de predecir de que flan os poemas polas ilustracións.

- Lectura compartida. Segundo lemos cada un unha estrofa e o do lado resúmea.

- Por último, debate en grupo dos temas dos que falan os poemas e dos recursos que utiliza para crear en nós emocións.

 

CONCLUSIÓNS:

Emigración.

Relixión.

Tristeza.

Alegría.

Melancolía.

Pombas.

Costumes de antes: muíños e lavadoiros.

Galicia.

 

RECURSOS LITERARIOS QUE UTILIZA:

- Repeticións.

- Metáforas.

- Palabras tristes.

- Palabras alegres.

- Dunha cantiga popular fixo un poema.

- Diálogo (sábese que é un diálogo porque empeza con guións)

- Interrogacións.

- Exclamacións ou admiracións.

- Adxectivos para describir a lingua galega.

 

Unha vez entendidos os poemas lemos en grupo e gravamos as nosas lecturas. 

Finalmente cada grupo escolle unha estrofa do poema que lle gusta e pensa como o vai ilustrar. Despois saimos ao patio cuberto a pintar versos de Rosalía. Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo.

  

Vente rapasa from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

Viaxe polo aire from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

SEN NIÑO from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

Vamos bebendo from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

Airiños, airiños, aires... from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

A Rosalía from CEIP Serra de Outes on Vimeo.



page | by Dr. Radut