1º PREMIO CEIP DE OUTES
Estamos de celebración no CEIP de Outes!!!!!
Hoxe vense de publicar a Resolución da Consellería de Educación na que se nos concede o primeiro premio INNOVAGAL. Este premio ten como obxectivo recoñecer o traballo desenvolvido na implementación de metodoloxías innovadoras nos centros educativos.
É un recoñecemento, por tanto, ao camiño andado por esta Comunidade Educativa centrado en construír unha escola que mire á infancia e que atenda as súas necesidades. Unha Comunidade Educativa implicada neste proxecto de escola de maneira activa e, á que lle temos que agradecer o esforzo destes últimos anos que foi premiado hoxe.