Iniciar sesión: Acceso

Curso 2021-2022

Reunións Inicio de Curso 2021-2022

Benqueridas familias, aínda que mellorou as circunstancias do COVID-19 temos que continuar co Protocolo de actuación, deste feito,  as asembleas de inicio de curso realizaranse atendendo ao seguinte calendario:

 

HORA

Martes 7 setembro

Mércores 8 setembro

10:00

5º E.P (XIMNASIO)

1º-2º E.P (AULA)

11:30

3º-4º E.P (PORCHE)

6º E.P (AULA)

13:00

 

E.INFANTIL (PORCHE)

  

Nestas reunións, na que cada grupo-aula estará acompañada pola súa titora, farase unha explicación do PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID -19 para o curso 2021-2022.

Tamén informaremos daqueles aspectos precisos para o desenvolvemento das clases, facilitaremos o listado do material que precisa cada grupo, entregaremos os libros/cheques de libros e resolveremos aquelas dúbidas que teñades.

Solicitamos a vosa colaboración no cumprimento das seguintes indicacións:

  • poderá asistir UN representante por alumno/a.
  • É obrigatorio traer máscara para acceder ao recinto escolar.
  • Debemos gardar, en todo momento, a distancia de seguridade.
  • Os nenos NON poden vir a esta reunión.

 

Moitas grazas pola vosa comprensión.

Benvidos

 

 

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: