Secretaría, Normativa
AXUDAS MUNICIPAIS 2022-23: LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR
Enviado por admin o Mar, 12/07/2022 - 05:51Informamos que xa están publicadas as bases que regulan o procedemento para a concesión de axudas ás familias do alumnado dos centros docentes con enderezo en Vigo para o curso 2022-23.
As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e de conciliación da súa vida famliar e laboral.
- AXUDAS
- Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa).
- Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
- PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
- PRAZO: 12/07/2022 - 09/08/2022.
- A través da carpeta Cidadá do Concello de Vigo (convocatorias).
- Presencialmente con cita previa:
- Teléfonos: 010 ou 986810260
- Acceso solicitude cita previa
Orde Avaliación
Enviado por Anónimo o Mér, 23/02/2022 - 09:48Admisión Alumnado 2022
Enviado por Anónimo o Lun, 14/02/2022 - 09:17Adxuntamos a publicación das vacantes para o vindeiro curso 2022/2023 xunto cos prazos para o proceso de admisión e matrícula do alumnado.
Admisión alumnado curso 22/23
Enviado por admin o Lun, 17/01/2022 - 13:13Dende o martes 11 de xaneiro, iníciase o proceso de admisión de alumnado en centros educativos para o vindeiro curso 2022-2023. Na primeira fase soamente afecta ao alumnado que cursa 6º de Educación Primaria co obxecto de reservar praza no noso instituto adscrito (IES Ricardo Mella).
Tedes toda a información premendo no cadro que aparece a continuación. Para mais dúbidas, chamade ao 886120268.
Axudas para máscaras para o alumnado dos centros educativos
Enviado por admin o Mar, 16/11/2021 - 18:33Estimadas familias:
A Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia fixo pública as axudas para as familias do alumnado dos centros educativos de Galicia para a participación do procedemento de distribución de máscaras.
A continuación tedes a documentación necesaria para solicitar dita axuda
Un saúdo a toda a comunidade educativa do CEIP "O SELLO"
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »