Os nenos e nenas de 3 anos visitamos a Biblioteca X.N.Vilas
Enviado por Anónimo o Xov, 09/04/2015 - 17:53O pasado xoves 12 de marzo, a clase das Tartarugas de 3 anos, fomos a Biblioteca Xosé Neira Vilas para coñecer como funciona, e ademais contáronnos uns divertidos contos. Despois, como nos portamos tan requeteben, as mestras leváronnos ao parque a merendar e xogar.
Os de 1º e 2º visitan o Museo do Mar
Enviado por Anónimo o Mar, 17/03/2015 - 12:03Os nosos alumnos de 1º e 2º pasaron unha maña do mes de febreiro preto do mar, visitando o museo. Aquí tendes o video do ben que o pasamos.
Conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro
Enviado por admin o Mar, 17/03/2015 - 08:17O 24 de febreiro conmemoramos o nacemento dunha grande da literatura galega, Rosalía de Castro. Unha muller cun avanzado pensamento político e social ("Follas novas", "El caballero de las botas azules") e cunha posición crítica e feminista ("Las literatas") que fixo que os rapaces de 6º fixeran a súa propia versión de Rosalía.
Aquí vos deixamos o remate final do traballo que realizaron: investigaron, recompilaron, escoitaron, versionaron e finalmente debuxaron.
Entroido 2015
Enviado por admin o Xov, 12/03/2015 - 08:00A medidadios de Febreiro celebramos o entroido no noso cole. Este ano o tema central do entroido foron os "Contos Clásicos", no seguinte v´deo podedes observar o lucidos que quedaron os disfraces que elaboraron os nenos e nenas con axuda dos seus mestres e mestras e pais e nais.
Día da Paz 2015
Enviado por admin o Ven, 06/03/2015 - 04:44O 30 de xaneiro realizamos no centro diversas actividades encamiñadas a conmemorar o Día da Paz e non violencia, tendo presentes que a Paz non é "cousa" dun só día xa que debe estar presente nas nosas actuacións ao longo de todo o ano.
No seguinte video podedes observar aos verdadeiros protagonistas desta conmemoración.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- seguinte ›
- última »