NOVO PROTOCOLO COVID
Enviado por admin o Ven, 20/05/2022 - 12:24Adxuntamos novo protocolo COVID publicado hoxe 20/05/2022 pola Consellería de educación.
LIGA DE NATACIÓN
Enviado por admin o Ven, 20/05/2022 - 08:59AMPA SELLO informa que a segunda xornada da liga de natación será o vindeiro domngo 22 de maio no pabellón do Carmen ( traviesas)
Na categoría benxamín ( entre 2010 e 2013) hora de chegada ás 09:00 para comenzar as 09:30.
Na categoría promesa ( entre 2014 e 2016) hora de chegada ás 10:30 para comenzar ás 11:00.
Esperámosvos alí para disfrutar unha mañá entretida. OS/AS participantes deberán permanecer ata o final xa que haberá entrega de trofeos e medallas ás 12:15.
Grazas!!!!
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO
Enviado por admin o Xov, 19/05/2022 - 03:57Orde do 29 de abril pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.
Plazo de presentación de solicitudes do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022
Adxuntamos toda a información publicada na páxina da Consellería.
A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PÓDESE FACER VÍA TELEMÁTICA NO SEGUINTE ENDEREZO:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED33OB
NO PROPIO CENTRO DE 09:15 A 14:15.
MAIOS E LETRAS GALEGAS 2022
Enviado por admin o Sáb, 14/05/2022 - 05:25
OS MAIOS AS LETRAS GALEGAS
O pasado venres, 13 de maio, celebramos no CEIP O Sello, dúas conmemoracións: Os Maios e as Letras Galegas.
Durante a semana o alumnado trouxo fiunchos e flores para a decoración no noso maio e a súa vez estivemos a coñecer a vida e obra do autor FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, personaxe que se homenaxea este ano nas Letras Galegas 2022.
Levamos a cabo varias actividades: Preparacións, decoración , exposicións, cancións, búsqueda do tesouro, retos.
Foi unha maña moi constructiva e participativa por parte de todo o centro: docentes e alumnado colaborando en todo o proceso.
Na decoración do maio, decorando con fiunchos e flores o noso maio, onde participaron todos os grupos(Infantil e Primaria), fixeron unha exposición, para coñecer a súa procedencia e valores que engloba, feita polo alumnado de 5º de E.P, e por último fixemos a súa copla, versionada pola mestra Maruxa baseada na canción máis coñecida do grupo Tanxugueiras "TERRA (NON HAI FRONTEIRAS)". ¡¡¡CANTAMOS MARABILLOSAMENTE BEN!!!
Ademais da decoración do maio, fixemos a exposición do noso autor das Letras Galegas "FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN", relacionado co noso proxecto de centro (PDC) baseado no CINE. Fixemos unha exposición na entrada do centro , onde amosamos o máis interesante do autor en diferentes viñetas feitas por cada un dos grupos de alumnado, dende Infantil ata 6º de Primaria. Un grande traballo por parte do noso alumnado e coa colaboración das súas titoras. Despois o alumnado de 6 E.P fixeron unha exposición sobre as súas obras literarias máis interesantes.¡¡¡PARABÉNS a todos e todas!!!
Para rematar a xornada levamos a cabo unha "Búsqueda do Tesouro" por todo o centro. Tanto Infantil como Primaria, participaron en pequenos grupos ou equipos na búsqueda das pistas distribuidas polo centro educativo. Unha vez completado o mapa tiña que realizar unha serie de RETOS, amosando a súa destreza lingüística e motriz, realizando: trabalíngüas, poemas, cancións, refráns e actividade física entre os integrantes do grupo.
Fai clic aqui (MAIOS E LETRAS GALEGAS) para ver o documental dese día. Grazas e saúdos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »