Iniciar sesión: Acceso
NOVAS COVID CURSO 2022-23
Enviado por admin o Mér, 07/09/2022 - 08:29
Hoxe publicáronse as instrucións da Consellería para os centros educativos en relación as actuacións a seguir fronte a COVID-19. Nelas se recollen que durante o curso 2022-2023 non haberá un protocolo específico de adaptación ao contexto da Covid-19 no ámbito educativo. Non obstante, será preciso observar unha serie de recomendacións:
- Recoméndase continuar coa ventilación de espazos.
- Hixiene de mans e hixiene respiratoria.
- Uso obligatorio de máscaras no transporte escolar. Recoméndase o seu uso nas persoas que presenten síntomas compatibles coa Covid -19, con criterios de vulnerabilidade, especialmente en situacións de alta incidencia comunitaria ou en persoas que presenten sintomatoloxía respiratoria, con ou sen sospeita de COVID.
- Ante síntomas compatibles coa Covid-19 non precisa illamento pero deberá utilizar máscara e manter una hixiene de mans e respiratoria axeitada. Se a sintomatoloxía lle impide asistir con normalidade ao centro, non acudirá, como no caso de calquera outra enfermidade común.
Podedes cosultar a información completa clicando aquí.