Iniciar sesión: Acceso

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

                             HISTORIA DA LINGUA GALEGA

 

 

ENLACE AO BLOG

DE DINAMIZACIÓN LINGÜíSTICA

RECURSOSEN GALEGO
 

 

 

 

Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo

Corrector ortográfico en liña de galego



aqui

LETRAS GALEGAS 2012 - VALENTÍN PAZ ANDRADE

Foi un grande patriota galego, un grande economista e tamén un grande

empresario;ou sexa, que uniu o amor pola cultura galega ao

desenvolvemento económico do País... endexamais renunciou

á loita polos dereitos políticos de Galicia; o seu exemplo

debémolo seguir todos”.
Camilo Nogueira

 Cada un dos seus pasos estaba tinguido de compromiso, Galicia para el era

unha utopía realizable”.
Manuel Rivas

"Estaba dotado de un núcleo de diamante. Non coñecín intelectual ningún

tan fiel sempre aos impulsos xenerosos da xuventude"

X.L. Méndez Ferrín


Valentín Paz-Andrade, o poeta e escritor:

O estilo de Paz-Andrade que ás veces serve incluso para amenizar as súas

áridas especulacións á marxe literaria, é o que o rescata das limitacións do

tratadista para situalo, con todos os dereitos, pero tamén con todas as responsabilidades,

na área directa e firme do escritor e do poeta”.  


Blanco Amor

 

  LETRAS GALEGAS 2011-LOIS PEREIRO

 Lois Pereiro.Naceu en Monforte de Lemos, de familia procedente do Incio. Estudou no colexio dos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos.

Tras rematar o COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía.

Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar,adi cada ao vidro, regresa a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá.

Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.

En vida, Pereiro só publicou dous libros, "Poemas 1981/1991"(Santiagode Compostela, Positivas, 1992),

no que e recollen tódolos poemas que escribiu ó longo da súa vida literaria,e "Poesía última de amor e enfermidade" (Santiago de Compostela, Positivas, 1995), aínda que a súa obra figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos "De amor e desamor" (1984) e "De amor e desamor II" (1985)e en distintas compilacións.

LETRAS GALEGAS 2010 - UXÍO NOVONEYRA

Biografía de Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda,  na serra luguesa do Courel, en 1930, dentro dunha familia labrega acomodada.

Realizou estudos en Lugo e Madrid, na Facultade de

Filosofía e Letras da Universidade Completense.

Iniciouse no galeguismo da man de Manuel María, Carlos Maside, Otero Pedrayo e Ramón Piñeiro.

Reside algún tempo en Madrid traballando na radio e na televisión converténdose nun gran divulgador da poesía galega.

Retorno ao Courel no ano 1966 e no ano 1983 vaiese a vivir definitivamente a Santiago de Compostela, pero seguirá pasando os veráns no Courel.

Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

É un dos máis destacados autores da poesía galega de todos os tempos.

Morreu en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999

            

Uxío Novoneyra cuns amigos, na súa casa de Parada de Moreda. 12 de  Agosto do1994

Os alumnos de terceiro cantan o poema "Fiandeira namorada" (Fai clic na foto para escoitar a canción)

 

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!

Eiquí síntese ben o pouco que é un home.

(0S EIDOS)

PORTADAS DOS SEUS LIBROS
 

 

 

 

 

Poema manuscrito que foi publicado no libro:

"Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago

e outras rotas"

 FACENDO CLIC NA PANTALLA ACCEDERÁS A VARIOS VÍDEOS SOBRE UXÍO NOVONEYRA
 PORTADAS DAS SÚAS OBRAS


    

AdxuntoTamaño
famderiña 2010-05-12.swf4.13 MB

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: