Recitamos a Rosalía
Outra das actividades realizadas o propio Día de Rosalía foi escoitar algúns datos sobre a vida e a obra da escritora a cargo dos alumnos de 4º de E. Primaria. A continuación todos xuntos recitamos a estrofa do poema "Alborada" e dous representantes de cada curso, acompañados polos seus respectivos grupos, recitaron tamén o "Adiós ríos, adiós fontes". Con cada unha das estrofas de este poema que elaboramos con anterioridade nas aulas, compuxemos un bonito mural.
Para rematar, o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e de Biblioteca agasallounos, tanto ao alumnado coma o profesorado, unha flor.