Blogues
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 23-24
Enviado por admin o Lun, 22/05/2023 - 04:34Publicada a convocatoria que regula as solicitudes para o curso 2023-24 do:
- Fondo solidario de libros de texto (alumnado de 3º e 4º de EP).
- Axudas para adquirir libros de texto (alumnado de 1º e 2º de EP).
- Axudas para material escolar (alumnado de EP).
PRAZO DE SOLICITUDE:
Do 20/5/2023 ao 21/6/2023, incluídos.
MODALIDADE DE PRESENTACIÓN:
- Presencialmente no centro educativo.
- Vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) na sede da Xunta de Galicia.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:
- Anexo I e II.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente.
De ser o caso:
- En caso de separación ou divorcio, deberá achegarse a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia.
- Outros.
ABRAPALABRA
Enviado por admin o Dom, 21/05/2023 - 18:00Hoxe visitou BiblioSello, Pablo Otero e realizamos con el un obradoiro de escrita creativa enmarcado dentro do programa Biblioteca Creativa.
Pasámolo xenial contando mentiras!!
FESTA DOS MAIOS
Enviado por admin o Sáb, 20/05/2023 - 05:45Deixamos un resumo da Festa dos Maios que vivimos no Sello e as coplas que compuxemos nos obradoiros de Lingua Galega para este día.
COPLAS DOS MAIOS
CHARLA COGAMI1º- 4º
Enviado por equipobiblio o Mar, 16/05/2023 - 01:27Esta vez tocoulles os nen@s de 1º-2º e 3º-4º coñecer un pouco máis sobre a discapacidade e os tipos que hai, a través dunha charla impartida por COGAMI.
Aquí tedes un video para que vexades o que fixeron.
PONTE NAS ONDAS 22-23
Enviado por admin o Ven, 12/05/2023 - 18:00O 11 de maio tivemos a sorte de contar con Damián Alonso de Ponte nas Ondas o cal realizou un Obradoiro de Radio co noso alumnado.
Emprego do Audacity como programa de grabación, ténicas de modulación e proxección de voz. creación de guion, mesa de misturas... Unha mañá moi ben aproveitada. Deixámosvos aquí un resumo do día e o programa de radio elaborado.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »