A pasada semana, do 12 ao 16 de marzo, celebramos a semana da prensa. Como tódolos anos traballamos de xeito especial con xornais e as veces sen libros. Este ano traballamos novamente os titulares e as noticias.Tamén analizamos as diferentes seccións . Copiamos vocabulario referido aos portos da sección Marítima. Como novidade aprendemos o que son as Cartas ao director que aprecen na sección de opinión, os anuncios por palabras e o humor gráfico. Despois elaboramos un mural onde mostramos os nosos traballos. Aquí estamos con el.