try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

Novas

II Concurso "Somos Rural"

Estimadas familias:

Desde a ANPA e as aulas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de EP participamos no II Concurso Audiovisual  “Somos rural” organizado pola Confederación de ANPAS Galegas. Este concurso convócase co obxectivo  de contribuír á visualización dos aspectos menos coñecidos  do noso rural para procurar a súa posta en valor entre o alumnado galego participante e o resto do país.

Como sabedes fomos gañadores o curso pasado! E por iso este curso ímonos  a presentar cun traballo sobre "os lavadoiros" presente no Concello de Fene.

Son varias as actividades que temos programadas para coñecermos máis sobre eles e a súa importancia, das cales iremos informando proximamente.

Dentro do concurso temos que presentar 10 fotografías en formato JEPG tamaño 20x25cm e resolución de 300ppp. E aquí é onde entrades as familias! O ano pasado a vosa implicación foi marabillosa e sabemos que este ano tamén o será!!!

Desde hoxe sábado 24 de febreiro ata o domingo 17 de marzo ás 23:59 podedes enviar unha/s foto/s tirada/s polas vosas fillas e fillos ao correo da escola (ceip.oscasais@edu.xunta.es) ou entregala/s nun pendrive á titora.

Este ano non imos a facer unha clasificación por curso, xa que hai un montón de lavadorios en Fene (máis de 80) e sería imposible tirar fotos de todos. Iso si, pedimos que cando enviedes a foto nos digades onde está o mesmo.

O día 20 de marzo haberá unha votación popular onde as nenas e os nenos escollerán as 10 fotos que van a acompañar o proxecto.

As fotos poden ser só dos lavadoiros, ou coas familias, ou coa rapazada, tamén vos podedes caracterizar...

Intentade ser o máis creativos posible!!! E moitas grazas por participar!!!

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/fene/2015/03/22/fene-reivindica-cultura-agua/00031427024969881715922.htm

https://fene.gal/turismo/info/es/29

https://www.youtube.com/watch?app=desktop&v=wtSzZeZKfxo

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2008/01/30/fene-concluira-limodre-maninos-barallobre-recuperacion-ochenta-lavaderos-registrados/0003_6523377.htm

 

Distribuir contido