O martes, seis de marzo, ás 10:45 h. da mañá, o escritor Gonzalo Moure realizou unha visita á biblioteca do centro. Para preparar este enconto o alumnado do centro leu varias historias escritas por Moure. Os do terceiro ciclo limos "Palabras de Caramelo". A visita tamén estaba motivada porque Gonzalo Moure colabora cos campamentos saharauis en Tinduf e nós, dende o centro, tamén colaboramos cun proxecto titulado : "Coñecernos para querernos", que están levando a cabo as profesoras Maribel Serantes e Mª José Vila. A visita resultou moi emocionante, xa que nos permitiu coñecer de primeira man como viven os nenos dos campamentos e tamén puidemos preguntarlle a Gonzalo Moure cousas dos seus libros e da súa vida. Aos rapaces e rapazas de sex to tocounos facer a sua presentación e nos enteramos que antes de ser escritor traballou como periodista e tamén na radio e na TV. pero o que máis lle gusta é escribir.
Aquí podedes vernos no momento de facer a presentación.