O pasado venres 24 de febreiro conmemorouse o 175 aniversario do nacemento da máis importante escritora en lingua Galega: Rosalía de Castro. Para celebrar esa data, dende a Biblioteca "Paula Carballeira" organizouse unha actividade á que se sumou 6º. Consistía en que cada un de nós recollese un poema ou escrito de Rosalía e despois de preparalo ben o compartisemos cos outros e outras compañeiros e compañeiras do colexio. Ese día, na hora de ler, xuntámonos todos e todas na biblioteca, e dende infantil ata sexto, compartimos eses escritos de Rosalía lendo en voz alta para todos. Tamén participaron as profesoras e dúas nais e un pai. Cando saíamos a ler depositabamos nun cesto unha flor de papel elaborada por nós mesmos. A actividade resultou moi bonita.
Aquí podedes vernos no momento de depositar a flor e facer a letura.